Cedeira reivindica a igualdade real no 8M

O programa abrangue a lectura do manifesto institucional, a entrega dos premios do concurso de carteis e unha performance baixo o título “Somos tribo”.

Alicia Filgueira

O Concello de Cedeira celebra este sábado 8 de Marzo, o Día Internacional da Muller cun acto institucional que un ano máis procurará sensibilizar á cidadanía sobre os chanzos que aínda hai que subir para acadar a igualdade real entre homes e mulleres. A cita será ás 19.00h no Auditorio Municipal.

1ºB Nicolás do Río
Alba Iglesias

O acto abrirase coa lectura do manifesto institucional, á que seguirá a entrega dos premios do Certame de Carteis do 8M, un certame que o Concello convocou este ano por primeira vez en tres categorías diferentes, de adultos, mocidade e crianzas. Alba Iglesias Gómez gañou a primeira, Alicia Filgueira Pazos a segunda, e o grupo de 1ºB do CEIP Nicolás do Río levou o terceiro, despois da deliberación dun xurado que tivo especialmente en conta, máis que os criterios plásticos, a reflexión implícita en cada traballo.

Tras a entrega dos premios terá lugar unha performance co título “Somos tribo”, na que se vai tomar a canción “Tribo” da Banda da Loba para representar a importancia de tecer entre as mulleres espazos seguros, de complicidade e protección, na loita para lograr a igualdade.

Lea también

El concello de Mugardos regulariza el proceso de solicitud de plazas en la Escuela Infantil Municipal «As Lagoas»

Según informa el concello de Mugardos  «se completó la regularización de las solicitudes de plazas …