Narón denuncia novos actos vandálicos na zona do paseo marítimo de Xuvia

O concelleiro de Seguridade Cidadá de Narón, José Oreona, denunciou novos desperfectos debidos a actos vandálicos rexistrados no paseo marítimo de Xuvia. Nesta ocasión, segundo explicou o edil, os danos foron sobre cinco postes da luz nun tramo do paseo, ata onde se desprazaron dous axentes da Policía Local de Narón para levantar o pertinente informe tras recibir un aviso sobre estes feitos.

A persoa ou persoas que cometeron estes actos derribaron cinco postes localizados á altura do pantalán do paseo de Xuvia, por un tramo do Camiño Inglés cara a Compostela, deixándoos “totalmente tirados e danados”, tal e como consta no informe policial. “É lamentable ter que ver unha vez máis como o vandalismo, ao que apunta que se deben estes actos, causa importantes destrozos en espazos públicos da nosa cidade, nun paseo moi transitado e onde hai tan só uns días denunciábamos tamén danos nos aseos públicos”, recalcou Oreona.

Unha vez máis, tal e como indicou o concelleiro naronés, “é tarefa de todas e todos manter en bo estado os equipamentos da cidade e erradicar este tipo de accións, que finalmente teñen un custe e unhas molestias para os naroneses”. Dende o Consistorio, a maiores de condenar estes feitos, apélase unha vez máis á colaboración cidadá para, conxuntamente co traballo dos corpos e forzas de seguridade, acadar que este tipo de accións non queden impunes, por atentar directamente contra toda a cidadanía.

“Pedimos ós veciños que se presencian nalgún momento este tipo de feitos avisen á Policía Local e os denuncien, porque suponen un prexuízo para a cidadanía e un gasto para as arcas locais”, recalcou o concelleiro. Así mesmo, o edil avanzou que os traballos para restaurar os danos producidos comezarán “á maior brevidade”.

Mesa tamén rota na zona da senda peonil entre Freixeiro e Xuvia, á altura do asilo de Piñeiros

Lea también

Ferrol contará con una nueva RPT tras más de 25 años

La Junta de Gobierno local de Ferrol en sesión extraordinaria dio luz verde a la …