A actividade será guiada por AFAL Ferrolterra e conta con financiamento da Deputación da Coruña. Esta nova acción procura unha aprendizaxe de relaxación a través da música como ferramenta terapéutica e ao tempo estimular recordos e espertar emocións.
O obradoiro desenvolverase no Centro Cultural Frco. Piñeiro, (Trieiro , Abade) os mércores de 18 a 19.30 h. de marzo a xuño e ten carácter gratuíto. As prazas son limitadas e para anotarse é preciso formalizar a solicitude no departamento municipal de Servizos Sociais, de forma presencial na Casa do Concello ou chamando ao teléfono 981404006 ou ben enviando un correo a correo@moeche.gal
A actividade , guiada por AFAL –Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Ferrol e comarca-, iniciarase o mércores día 12 de marzo.
Esta actividade está financiada a través da subvención para o financiamento de actividades de envellecemento activo e actuacións contra a soidade non desexada no ano 2025 da Deputación da Coruña.
Galicia Ártabra Digital Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.