A exposición Destino Igualdade chega á Casa da Xuventude de Ares

A Casa da Xuventude de Ares sita no núcleo urbano da vila acolle nas próximas semanas a exposición ‘Destino Igualdade’, como parte da colaboración das concellarías de Igualdade e de Cultura coa Fundación Vicente Ferrer, unha ONGD comprometida co desenvolvemento integral das comunidades máis vulnerables do sur da India e Nepal.

Dende o 3 ao 14 de marzo, o andar superior da Casa da Xuventude contará con diferentes materais para narrar a historia de Nagalaskhmi, unha condutora dos típicos mototaxis da India, os autorickshaw, rompendo desta forma os roles, estereotipos e prexuízos de xénero. A súa é unha experiencia de resiliencia, superación e empoderamento, como a do resto de mulleres que integran o grupo de conductoras formado pola Fundación Vicente Ferrer.

Na exposición ‘Destino Igualdade’, as persoas que se animen a percorrela poderán realizar unha viaxe na autorickshaw de Nagalaskhmi con 4 paradas ou retos: a educación de calidade, o liderado social, a independencia económica e a seguridade alimentaria. 4 paradas que camiñan cara un mesmo destino: a igualdade.

A mostra, financiada Xunta de Galicia e Cooperación Galega, estará dispoñible no horario de apertura da Casa da Xuventude: de luns a venres, de 10:00 a 14:00 horas.

Lea también

El ferrolano Ángel Arias recibe la beca de formación artística internacional en Suiza Centro de Arte FMJJ

La ayuda, dotada con 25.000 euros, permitirá al creador gallego cursar el Máster de Bellas …