A Asociación Boaga protagonista na mostra de razas autóctonas na 44 Feira do Grelo

A concelleira de Turismo de As Pontes, Elena López e a edil de Cultura, Lorena Tenreiro, xunto cos presidentes da Federación de Razas autóctonas de Galicia Boaga e da asociación de Pura Raza Cabalo Galego Puraga; Francisco Monasteiro e Miguel Pernas, respectivamente, presentaron nas Pontes o programa de actividades que estes dous colectivos van desenvolver durante a fin de semana nas Pontes, con motivo da 44a edición da Feira do Grelo.

A edil Elena López agradeceu o regreso dunha actividade que, noutras convocatorias, foi do máis exitosa e amosouse encantada de retomar esta relación de colaboración e de promoción “desas razas que aportan valor engadido tanto ás producións gandeiras coma ao territorio”. López recalcou o gran papel que entidades como Boaga e Puraga realizan en prol do sector gandeiro galego e da recuperación de especies que tal e como apuntou aportan singularidade ao monte galego.

Neste senso a edil animou a veciños ademais de visitantes a desfrutar da exposición que o sábado 1 e o domingo 2 se instalará na avenida da Coruña e na que haberá exemplares da galiña de Mos, ovella galega, cabra galega e poldro galego e que se completará cunha degustación de petiscos elaborados con carne de cabalo Pura Raza Galega, Galiña de Mos e tenreira cachena.

Pola súa parte, o presidente de Boaga, Francisco Monasterio agradeceu a boa acollida do concello das Pontes e fixo fincapé na necesidade de dar a coñecer estas razas galegas que é preciso conservar. De feito, Monasterio convidou a todas aquelas persoas que desexen obter información sobre proceso de cría ou incluso as liñas a seguir para incluír nunha explotación estas razas a achegarse polo seu posto da avenida da Coruña, e alí resolver todas as súas dúbidas.

Exposición Boaga

A mostra de razas autóctonas de Galicia de Boaga e Puraga poderase visitar o sábado en horario de 10.00 a 20.00 horas e o domingo entre as 10.00 e as 16.00 horas xa o domingo.Na mesma haberá dous lotes de ovella galega, tres lotes de Galiña de Mos de criadores das Pontes, dous lotes de Cabra Galega e outro de Poldro Galego.

Asemade, habilitarase un posto de información para as persoas interesadas e unha zona de degustación de tapas, que vai elaborar o cociñeiro Antonio Díaz, e que se servirán de balde o sábado entre as 12.00 e as 13.00 horas e o domingo de 12.00 a 15.00 horas.

Lea también

As Pontes contará cun clube de saúde para enfermos de cancro e as súas familias

A iniciativa incluirá talleres e sesións sobre saúde física nutrición ou habilidades emocionais. O Concello …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *