Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, xunto a María José Peniza, presidenta da Asociación Veciñal de Ferrol Vello, presentaron a moción que se debatirá no vindeiro pleno municipal na que propoñen ao goberno local que «habilite o espazo necesario para o estacionamento dos autobuses, á reposición da marquesina e á sinalización da parada do Porto de Curuxeiras incluída nas liñas de transporte público e que permita aos usuarios acceder a este servizo cando menos nos termos da actual concesión».
Iván Rivas, portavoz do BNG en Ferrol, considera que «esta situación se produce pola improvisación coa que se desenvolveu a urbanización desta zona que non tivo en conta a realidade do Transporte público. As administracións implicadas, goberno local, Autoridade Portuaria e a Xunta, crearon un problema sen saber que vai pasar con esa parada e que solución se lle da aos veciños».
Lembrou que «non é a primeira vez que se intenta eliminar a parada do porto igual que non é a primeira vez que a veciñanza de Ferrol Vello ten que esixir o mantemento da mesma e agora ademais esixir que se manteña nunhas condicións dignas, sen ter que estar a intemperie e sen provocar riscos para a circulación de automóbiles e de peóns na zona».
Maria José Peniza, presidenta da A.V.V de Ferrol Vello, indicou que «a veciñanza do barrio quere queremos un compromiso público por parte do concello de que se manterá a parada de autobuses no muelle e nunhas condicións dignas. Afirmou que no barrio levan tempo preocupados porque tanto o concello como a Autoridade Portuaria véñenlles dando largas e a impresión que teñen é que queren suprimir esta parada. E avisou que desde que os autobuses paran na curva da Cortina este é un sitio que está perigoso tanto para os coches como para a xente maior que vive no barrio, que xa tiveron algún susto e que iso non pode quedar aí».
«Como se lembrará a reforma da dársena de curuxeiras, impulsada polo Partido Popular a través da Xunta, Autoridade Portuaria e Concello dentro do denominado proxecto de “Abrir Ferrol ao Mar” non tivo en conta aos usuarios do transporte público eliminado a única marquesina existente no porto e o lugar onde estacionaban os buses para agardar a súa hora de saída. Condenando agora aos usuarios a agradar na beirarrúa nas portas da Cortina, aos buses a ter que agardar ocupando grande parte do carril de circulación e aos coches a ocupar o carril contrario cando isto ocorre».
Iván Rivas, portavoz do BNG, defendeu «a necesidade de darlle unha solución urxente e o mantemento de todas as paradas recollidas na concesión de transporte público na zona tanto a do porto de curuxeiras como a da praza Vella».