Ferrol en Común «25 anos de celebración do Día Int. da Lingua Materna. O Galego a nosa lingua»

Ferrol en Común achega un comunicado co gallo da celebración este venres día 21 do Día Internacional da Lingua Materna. 

«A importancia da diversidade cultural e lingüística é un eixo fundamental para as sociedades sostibles. No marco do seu mandato a prol da paz, a UNESCO traballa para preservar as diferenzas de culturas e idiomas que fomentan a tolerancia e o respecto dos demais».

«As sociedades multilingües e multiculturais existen a través das súas linguas, que transmiten e preservan os coñecementos e as culturas tradicionais de xeito sostible, pero velaí que a diversidade lingüística se atópa cada vez máis ameazada. Cada dúas semanas unha lingua desaparece, levándose consigo a desaparición de todo un patrimonio cultural e intelectual».

«Cabe sinalar que un terzo de menores de quince anos non saben falar galego, e o castelán xa é a lingua máis utilizada en Galicia, algo moi preocupante para a nosa sociedade xa que deles depende o futuro do noso idioma e a nosa identidade como pobo en todos os ámbitos».

«Falemos e escribamos galego na familia, no ámbito laboral, cando damos ou recibimos aloumiños, coas amizades e coas que non son tanto, cando imos ao banco e cando imos ao Centro de Saúde, cando pedimos para comer e cando deixamos un agarimo no frigorífico, cando enviamos un audio por teléfono, cando escribimos nas nosas redes sociais. Vivir en galego é posible e máis se o facemos nós».

Ferrol en Común fai un chamamento «para coidar e preservar a nosa lingua, xa que á vista dos últimos estudos (Instituto Galego de Estatística) sobre o uso do galego, obsérvase unha perda considerable do mesmo en todos os eidos, tanto educativos, culturais e sociais, algo que parecen non ter en conta na Xunta de Galicia nin en moitos Concellos, incluído o de Ferrol (non se aplica a ordenanza en vigor e non se esixe ás empresas dependentes do Concello que usen o galego)».

«A lingua é o noso patrimonio máis valioso e temos a obriga de defendela». Conclúen

Lea también

El Concello de Ferrol adquiere un local de más de 300 m2 para ampliar las instalaciones de la AVV Ultramar

La Junta de Gobierno local de Ferrol aprobó en la mañana de este jueves 31 …