BNG de Narón reclama unha proposta negociada que permita o adianto de pago de subvencións

O grupo municipal do BNG de Narón leva a pleno «a necesidade de que o concello negocie coas entidades e asociacións unha proposta para que garanta o pago das axudas con entidades e asociacións sen de pender dos orzamentos ´“dos que aínda nada sabemos”´ indican desde o BNG.

Ademais, desde o BNG «reclaman unha proposta negociada que permita adiantar estes pagos como xa se fai noutros concellos poñendo o exemplo de Fene». Insisten desde o grupo nacionalista que «a demora nos orzamentos municipais non pode ser un problema para o cumprimento do concello coas entidades e asociacións deportivas e sociais que traballan e operan en Narón».

“O asociacionismo deportivo é un piar básico en Narón e, as entidades de ámbito social traballan día a día cubrindo necesidades que debesen facer mesmo as administracións públicas. Por iso pedimos que a axenda de Ferreiro teña entre as súas prioridades a sinatura destes convenios e que non haxa demoras como lamentablemente xa ocorreu no 2024” declara Olaia Ledo, portavoz municipal do BNG de Narón.

Lea también

Inicio en Baltar, Narón, das obras de ampliación da rede de saneamento e abastecemento

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Obras, Pablo Mauriz, desprazáronse á …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *