A Deputación contribúe á actividade cultural da Real Academia Galega cunha achega de 60.000€

A Deputación da Coruña reafirma o seu compromiso coa cultura e a lingua renovando o apoio á Real Academia Galega (RAG). Fíxoo a través da concesión dunha subvención nominativa de 60.000 euros que servirá para financiar o 80% dun orzamento co que a entidade desenvolveu varias iniciativas.

Fuente Diputación de A Coruña

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, o presidente da RAG, Víctor Freixanes, e a deputada de Cultura, Natividad González asinaron o convenio de colaboración nun acto no que o titular do goberno provincial aproveitou para destacar “a importancia de apoiar á Real Academia como institución garante do galego nun momento no que, por desgraza, o futuro da lingua estase a ver comprometido, como demostran os datos de diminución de falantes”.

Deste xeito, a achega da Deputación da Coruña vén a sufragar unha importante porcentaxe dos gastos derivados da realización de varias actividades para a promoción da lingua e a literatura galegas.

Fuente Diputación de A Coruña

Unha destas iniciativas son os Cursos de verán de lingua e cultura galegas ‘Galego sen fronteiras’, que se organizan desde 1988 coa finalidade de achegar o idioma e as costumes a persoas de diferentes nacionalidades e, así, fomentar o seu coñecemento e potenciar o seu prestixio. En concreto, a Deputación cofinancia 49 bolsas de estudos e os conferenciantes e docentes de distintos cursos.

A maiores, a achega provincial tamén axudou a financiar os gastos da iniciativa Primavera das Letras dedicado a Luísa Villalta. A acción permitiu divulgar a vida de obra da autora coruñesa a través de diferentes accións vinculadas ao ámbito educativo.

A escritora tamén foi protagonista na produción, guión, gravación e montaxe da serie documental ‘Luísa Villalta: rebelión da palabra’, outra das iniciativas sustentadas polo apoio da Deputación.

Lea también

La programación previa de los Premios Feroz en Pontevedra incluye un ciclo sobre las mujeres en el cine gallego

El Ayuntamiento de Pontevedra programa un ciclo que pone a las mujeres en el centro …