O teatro Jofre en Ferrol acolle o espectáculo Fantasía Castelao

O teatro Jofre acolle este sábado 22 dúas funcións, unhas ás 18.00 e outra ás 20.00 horas. A entrada é gratuíta e pode retirarse na taquilla do teatro ou reservase en Ataquilla.com.

O concelleiro de Cultura, José Antonio Ponte Far, acompañado do presidente da Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra, Xil López, e da mestra Pim Patinho presentou o espectáculo Fantasía Castelao, con motivo do 75 aniversario do pasamento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

O Concello de Ferrol súmase, así, ás homenaxes previstas pola Xunta de Galicia, que declarou o ano 2025 como Ano Castelao en homenaxe a esta figura intelectual, política e histórica de Galicia.

Así, dende o concello está previsto un espectáculo centrado na personalidade do cofundador das Irmandades da Fala, que terá lugar este sábado no teatro Jofre. “Trátase dun espectáculo variado co que homenaxeamos a Castelao, personaxe irrepetible na historia de Galicia, na súa dimensión múltiple como político, escritor e dibuxante”, avanzou Ponte Far. “Foi unha gran persona, que se preocupou dos máis necesitados”.

Para levar a cabo esta actuación, a concellería de Cultura contou coa colaboración da Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra, quen agredeceu a través do seu presidente esta iniciativa. O espectáculo terá dúas sesións, unha ás 18.00 horas e outra ás 20.00 horas, avanzou Xil López.

Na primeira, contarase coa participación de alumnos do Instituto arxentino galego Santiago Apóstol en Bos Aires, cos que se conectará en directo. Ademais, o público que estea no Centro Galego de Bos Aires poderá seguir a retransmisión do espectáculo que se realizará no Jofre.

A música do Pequecoro e Pequecoro in Cresecendo do Conservatorio Xan Viaño de Ferrol xunto cos efectos visuais de Cuerda Floja darán forma a esta creación.

Pola súa parte, Pin Patiño avanzou que “nesta obra vai haber varias disciplinas como canto, baile, música, literatura, interpretación… para facer unha obra de fantasía Castelao” o que lle permitirá ao ilustre galego conversar cos seus amigos, mezclando sucesos ficticios con feitos reais da súa vida. As entradas, que son de balde, poder retirarse dende hoxe na billeteira do teatro Jofre ou facer tamén a reserva a través de Ataquilla.com

Ademais, desta actividade publicarase unha unidade didáctica, realizada polo profesor de Lingua e Literatura galega Manuel Rey Romeu, para alumnos de secundaria que recolle vida, obra artística e pensamento político de Castelao, que será repartida polos institutos e colexios do concello. E dende a concellería de Política Lingüística, ao frente da que se atopa Patricia Cons, xa se representaron os días 4 e 11 de novembro dúas pezas sobre Castelao, achegando a súa figura aos máis pequenos.

E para este venres día 21 ás 19.00 horas está prevista a proxección do documental Consello de Galicia, o goberno galego no exilio, no Antigo Hospicio.

Lea también

A Deputación da Coruña elimina a cita previa nas oficinas tributarias para reforzar a atención presencial

Formoso explicou que o ano pasado, os servizos tributarios da Deputación realizaron máis de 429.000 …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *