Os xurados dos premios Ángeles Alvariño e González Llanos avalían en Ferrol os traballos presentados

A veterinaria Rebeca Atencia forma parte do xurado do premio Ángeles Alvariño.

O edificio do Concello  de Ferrol acolle estes días as reunións dos xurados dos premios de premios de investigación Ángeles Alvariño e González Llanos ano 2025.

A prestixiosa veterinaria ferrolá Rebeca Atencia forma parte do xurado do premio Ángeles Alvariño, que está referido ao ámbito das Ciencias e ás titulacións universitarias que nel se inclúen. Completan o equipo avaliador os profesores da Universidade da Coruña (UDC), Sandra García Garabal-Mosquera, Sergio Rodríguez Roiloa e Pablo Ligero Martínez Risco.

Ademais, tamén se reuniu o xurado do Premio de investigación González Llanos do ámbito da Enxeñería e da Arquitectura, conformado polas profesoras da UDC Zaida García Requeijo e Carolina Camba Fabal, polo investigador da UDC, Anotnio Joaquín Rodríguez González, e pola presidenta da delegación en Ferrol do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, Carmen Pérez Parapar.

En ambos premios, preside o xurado a concelleira de Educación, Patricia Cons. Cómpre lembrar que estes galardóns teñen como finalidade apoiar e impulsar os labores de investigación realizados nalgún dos ámbitos universitarios cos que se relacionan. Poderanse relacionar xa sexa desde un enfoque estritamente teórico, a partir da análise de experiencias/feitos concretas/os ou como proxectos de futuro, podendo por tanto ter unha perspectiva histórica, de presente ou como proxección de futuro.

O xurado fallará os premios -dotados con 10.000 euros cada un- no mes de decembro.

Lea también

La exposición ‘O Ferrol do pasado’ abrirá sus puertas este viernes en el Torrente Ballester

La historia de Ferrol será protagonista desde este viernes 20 de febrero hasta pasada la …