Ferrol en Común aposta por unha recollida selectiva e sostible de residuos

Ferrol en Común considera que «a recollida de residuos e a limpeza viaria está nunha situación límite froito da relación extra contractual coa empresa concesionaria, cunha maquinaria obsoleta, un cadro de persoal sen posibilidade de mellora nas súas condicións laborais e sen capacidade de adaptación aos requirimentos das novas políticas respectuosas co medio ambiente».

«Temos coñecemento de que o novo prego está na súa fase final de redacción, e que como principal novidade inclúe os servizo de rozas, contra o que acordou o pleno municipal que optou cunha maioría clara pola municipalización dese servizo, e sen que ningún acto expreso do propio pleno revogara tal decisión».

«Pero non sabemos máis porque en comisión informativa de Urbanismo e Servizos négasenos dita información, a diferencia do que aconteceu nos mandatos anteriores con, por poñer un exemplo, as prescricións técnicas do contrato de Parques e Xardíns».

«Sendo un contrato fundamental, con variables que trascenden a un simple servizo, polos importes, polo alto volume de traballadores polas connotacións que ten ao precisar a cidade dunha limpeza acorde coa súa poboación, e pola necesidade dunha sustentabilidade respectuosa co medio ambiente», FeC considera «imprescindible o debate aberto, plural e no ámbito social e político dos seus extremos, que implican decisións non so técnicas, como as que afectan a colector marrón, a recollida selectiva e a súa implantación na zona urbana e rural, a reciclaxe, a concienciación social e a formación, a aposta pola maquinaria eléctrica, a aplicación de cláusulas sociais que permita a incorporación de persoal en situación de risco de exclusión social, ou a subrogación íntegra e mellora das condicións laborais do cadro de persoal actual».

«A día de hoxe o que temos son camións destartalados, contedores escasos e en estado deplorable, falta de implicación política do goberno coa formación e concienciación social para o respecto ao medio ambiente e a reciclaxe, e nula intención de abrir o debate de que modelo queremos para a cidade».

E por iso que dende FeC «solicitamos canto antes a posta a disposición da información precisa para facer deste servizo de longa duración, alto custo e fundamental para a cidade, un servizo exemplar no respecto ás condicións laborais e o respecto ao medio ambiente».

Lea también

Un año más se celebró en Ferrol la tradicional «Fiesta de las Pepitas»

Un año más se celebra en Ferrol la «Fiesta de las Pepitas» en la víspera …