Expectación na celebración dos ctos galegos Sub18 e Sub20 indoor desta fin de semana

Expourense acolle esta fin de semana dous interesantísimos campionatos Xunta de Galicia correspondente as categorías Sub20 e Sub18 onde contaremos con boa parte desa nova xeneración do atletismo galego que están chamados a ser os grandes referentes deste deporte.

Fuente Federación Gallega de Atletismo

Comezando co primeiro deles, será o sábado 15 a partir das 10:00 horas cando arrinquen os atletas do Campionato Sub18 baixo un gran nivel na procura das primeiras medallas da fin de semana.

As probas de velocidade serán uns dos atractivos do campionato contando con tres atletas a un gran nivel, e aspirando ao título galego dos 60 m., Eloy Vazquez da At. Barbanza Adrián Bernárdez do Celta e Aaron Pérez do ADAS CUPA. A campioa galega absoluta Paula Conde do Lucus Caixa Rural, que deixaba unhas excelentes sensacións, será a rival a bater tanto nos 60 m. como nos 200 m. na categoría feminina.

Interesante man a man o que manterán Sebastian Bascoy do Coruña Comarca e Adrián Bernárdez do Celta Atletismo sobre a proba dos 200 m. onde o coruñés parte co mellor rexistro.

Nos 400 m. será Martiño Salgado do Celta o principal aspirante ante a ausencia do líder estatal da proba Javier Picos do Marineda Atlética. Precisamente este último atleta, nun estado de forma magnífico, lidera tamén o ranking dos 800 m. sobre os que estará competindo o domingo. Sen abandoar a distancia, a subcampioa galega absoluta da Gimnástica Sabela Martínez do Ourense Atletismo parte como clara favorita ao título autonómico.

Unha das sensacións do fondo neste comezo de tempada, Alex Sierpes do Vicky Foods, vai ser unha das principais atracións deste campionato logo de efectuar recentemente a mellor marca mundial na proba dos 3.000 m. O campión de España está inscrito nas probas dos 1.500 m. e dos 3.000 m. Na categoría feminina a medallista de bronce absoluta Eva Rouco do Lucus será quen lidere a proba dos 1.500 m.

A tamén campioa de España Sub16 Sabela Castelo do Ourense Atletismo, e outro das grandes valores do noso atletismo, figura inscrita na proba dos 3.000 m. como clara favorita.

Nos concursos de saltos será a campioa galega absoluta e medallista de España Iria Solera do Ourense Atletismo, a favorita grazas ao seu rexistro de 1.68 m. Gael Couñago do CAR de Redondela na categoría masculina pola súa banda, asumirá o papel de favorito con 1.91 m. acreditados esta tempada.

Máxima atención á zona de lanzamentos onde o múltiple plusmarquista e campión de España Hugo Casañas do Ourense Atletismo, debutante nesta categoría, estará sobre o círculo de lanzamento de peso intentando lanzar por enriba dos 18.77 m. o que suporía un novo récord galego e afianzar máis o seu liderato a nivel estatal.

Non menos importante será a participación da tamén campioa de España no concurso de peso Aitana Capeáns do Ourense Atletismo quen loitará por mellorar o seu rexistro persoal do ano de 12.15 m.

Campionato Xunta de Galicia Sub20

Xa para o domingo, continuaremos ca disputa dun novo campionato, o Sub20, na que poderemos disfrutar doutro gran campionato

Nel os flamantes campións galegos absolutos, Mauro Vázquez do Vila de Cangas nos 60 m. e Ricardo Cortizo do Celta Atletismo nos 200 m. parten como claros favoritos para colleitar un novo título autonómico.

No medio fondo, o medallista de bronce absoluto Iker Fernández de A Gándara, será outro dos homes a ter en conta sobre as distancias dos 3.000 e 1.500 m. nas que figura inscrito.

Na categoría feminina a campioa galega absoluta Sara Guedes da Atlética lucense, loitará novamente polo ouro sobre a proba dos 1500 m. ao igual que sobre os 3.000 m. o fará a finalista do pasado campionato de España 2024 Leyla Villar do Ourense Atletismo.

Nos valos os 8.33 de Pablo García do ADAS CUPA situanno nas quinielas para o podio ao igual que sobre os saltos Diego Martínez do Vila de Cangas en altura, Miguel Carbajales do C.D. La Purísima sobre a pértega e o medallista de bronce no absoluto, Gonzalo Cuns do At. Negreira sobre o foso de triplo.

Nos valos, presenza de Aroa Martínez do Rías Baixas ca mellor marca das participantes, o mesmo que Alexandra Lence do Celta Atletismo en pértega, ante a ausencia da líder de España, Manuela Blanco.

A finalista do campionato de España do ano pasado Antía Pernas do Lucus, estará tomando parte na lonxitude ao igual que Marina Artemia Pérez da Gimnástica sobre o concurso de triplo salto. Gema Dacosta do Vila de Cangas, será a clara favorita e rival a batir no círculo de peso.

Lea también

El LVIII trofeo Joaquín Romero reúne a más de 350 atletas

El concejal de Deportes de Ferrol, Ricardo Aldrey, acompañado de Joaquín Romero y Javier Romero, …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *