O autobús sairá o sábado 22 ás 7:30 horas da mañá desde o Centro Cívico Sociocultural e durante o traxecto realizará varias paradas, sendo a primeira visita en Vilanova de Cerveira, onde visitarase a famosa feira que se celebra nesta localidade cada sábado.
Tras almorzar nun restaurante da zona, retomarase a viaxe ata Valença do Minho, poboación moi recoñecida pola súa fortaleza, e lugar de múltiples tendas nas que as persoas que o desexen poderán realizar as súas compras. Tras a visita de Valença iniciarase o regreso a As Somozas.
As persoas interesadas deberán apuntarse, antes do 18 de febreiro, na Casa do Concello. O viaxe, que está subvencionado polo Concello das Somozas, terá un custo de 25 euros. As prazas son limitadas e o pagamento realizarase cando se inscriban como mínimo 30 persoas.
O alcalde, Juan Alonso Tembrás, animou a toda a veciñanza “a participar nesta viaxe que xa contou con moi boa acollida en anteriores saídas”.
“Este tipo de iniciativas son unha forma máis de conectar á veciñanza, de que desfruten do seu tempo libre e de que coñezan novos lugares ao tempo que se relaxan da rutina do día a día”, rematou.