Reunións informativas en Narón sobre Rexistro Municipal de Asociacións e regulamento municipal

A concelleira de Participación Cidadá de Narón, Olga Ameneiro, informou da próxima celebración dunhas reunións informativas sobre a necesidade de actualizar datos no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello. Un requisito que, tal e como recordou, resulta imprescindible para poder acollerse a posibles subvencións, asinar convenios coa administración local ou facer uso de locais municipais.

A primeira das reunións terá lugar o sábado 22 de febreiro, ás 10:00 horas, no Centro cívico social de Castro e a seguinte programada será o 26 deste mesmo mes, ás 19:00 horas, no Auditorio municipal de Narón, na Praza de Galicia. As convocatorias fixáronse en días distintos, un na zona urbana e outra na rural, e tamén en horarios diferentes para adaptase mellor ás posibilidades de asistencia das entidades, tal e como se apuntou.

Estas reunións, explicou a edil naronesa, diríxense a todas as asociacións da cidade. No transcurso das mesmas, as persoas que asistan recibirán información sobre as obrigas legais das entidades e tamén sobre o regulamento municipal, a documentación que hai que presentar para rexistrarse, como facer o trámite e cales son as consecuencias do incumprimento.

A maiores, dende a Escola de Participación Cidadá de Narón tamén se ofrecerán algúns consellos para que as asociacións leven este trámite anual ao día, quedando a disposición para colaborar no caso de que precisen axuda.

Lea también

Club Arco Narón anuncia un cambio de monitor

Club Arco Narón comunica «nuestro compañero Eduardo Ponce cesa en sus funciones de monitor auxiliar …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *