Sábado 15 de febreiro de 2025
Actividade: Biciescola Hora: A partir das 10:00 Lugar: Pavillón da Mocidade (A Gándara)
O Concello impulsa esta actividade a través do equipo de Educación Viaria e en colaboración coa empresa La Fuga Cycling. Unha vintena de persoas participarán nestas clases a cargo de monitores especializados e para ensinar a andar en bici a menores e maiores.
Actividade: Descubrindo o mundo coa microbioloxía Hora: A partir das 11:00 Lugar: Centro cívico social do Couto
Este proxecto municipal aposta por mellorar a socialización en galego de menores de 6 a 12 anos. Nesta ocasión os participantes (que tiñan que inscribirse previamente) darán os primeiros pasos no interesante mundo da microbioloxía.
Actividade: II Bandeira de bateis e XXVI Trofeo de bateis Cidade de Narón Hora: 16:30 Lugar: Enseada da Gándara
Uns 500 deportistas procedentes de quince clubs galegos, maioritariamente da Coruña, participarán neste evento deportivo organizado polo Club de Remo Narón e O Concello de Narón.
Actividade: Guerra Hora: 20:00 Lugar: Pazo da Cultura
A compañía Teatro do Noroeste trae a Narón este espectáculo, enmarcado no xénero do drama e de máis de hora e media de duración. As referencias a guerras no teatro europeo enchen a escena de secuencias de caos e destrución. O espectáculo parte do feito de que a guerra é a expresión cruenta do fracaso total. As entradas dispoñibles poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.
Domingo 16 de febreiro de 2025
Actividade: Campionato de BTT Resistencia Cidade de Narón Hora: 10:00 Lugar: Saída e meta das inmediacións do Centro cívico social de Pedroso
Un total de 241 persoas inscribíronse neste evento deportivo, organizado polo Concello e o Club Ciclista Narón, en colaboración coa Federación Galega de Ciclismo. Desta proba sairán os campóns galegos de cada categoría