As Pontes premias as mellores cestas de grelos con máis de 1.500€

O Concello das Pontes premiará con 1.575 euros aos mellores grelos que participen no concurso de cestas da 44ª edición da Feira do Grelo que se celebrará o día 2 de marzo.

As persoas interesadas en participar deben ter como mínimo 16 anos e teñen que inscribise o domingo, 2 de marzo, na carpa instalada na Praza de América, desde as 08:00 ás 10:00 horas. Só se admitirá un/ha concursante por unidade familiar

Os grelos deberán presentarse en cestas que deberán conter, como mínimo, 10 madas, condición sine qua non para poder participar e a partir das 10:00 horas, o xurado comezarán a realizar o reconto das cestas concursantes e a súa valoración.

O concurso rematará ás 11:30h coa entrega de premios na Praza de América. Concederanse tres premios á calidade do premio, un primeiro premio de 400 euros, un segundo de 300 euros e un terceiro valorado en 200 euros. Ademais haberá 5 accésits de 75 euros cada un deles. Haberá un Premio Especial “Alexandre Pérez Sindín” á cesta mellor adornada., valorado en 300 euros e que recibirá tamén unha peza de artesanía doada pola Asociación Amigos da Madeira.

Lea también

La Oficina de Turismo de Valdoviño reabre sus puertas

Situada en la Puerta del Sol, unha informadora atenderá al público de martes a domingo …