‘Senta con nós’ para involucrar á comunidade educativa de Ares na sensibilización medioambiental

‘Recicla hoxe, séntate mañá’: así é o eslogan detrás da nova campaña do Concello de Ares que se desenvolverá nos próximos meses no CPI As Mirandas e que veñen de presentar este semana Lucía Blanco, edil de Medioambiente, e Tino Seco, director do colexio aresán, nas propias instalacións educativas.

Baixo o nome ‘Senta con nós’, a rapazada poderá entregar as botellas de auga e tapóns no punto único instalado no centro educativo para que, tras a súa recollida, poidan transformarse nun banco e papeleiras feitas co material reciclado.

“Non se trata só dunha campaña meramente municipal, senón que para nós é chave involucrar á comunidade educativa de Ares. Os nenos e nenas son un dos mellores axentes para facer que a sensibilidade medioambiental chegue até as familias, transmitindo bos hábitos de reciclaxe”, destaca Lucía Blanco, que tamén agradeceu a involucración do CPI As Mirandas á hora de facela realidade.

O propio lema da campaña municipal, co seu Recicla hoxe, séntate mañá, alude á divulgación dunhas pautas ecolóxicas básicas, pois unha acción no presente ten un impacto a medio-longo prazo no futuro en termos medioambientais, aínda que non o vexamos fisicamente no momento.

Nesta ocasión, o esforzo na reciclaxe da rapazada terá unha consecuencia na súa contorna, sentíndose parte directa e responsable da materialización dos futuros banco e papeleira, mais tamén da creación dun Ares máis sostible.

A maiores da recollida de botellas, a campaña Senta con nós inclúe material promocional, dende cartelería a máis de 450 marcapáxinas que incorporan a información da iniciativa de carácter medioambiental, repartida entre os e as estudantes do CPI As Mirandas.

Lea también

Avanzan en Cariño las obras de mejora del camino del Mazanteo, en Figueiroa

El Concello de Cariño continúa con su plan de renovación de las vías del municipio, …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *