A base dos lanzamentos galegos quitan músculo en Ordes e O Barco

Seguindo unha fin de semana máis cos campionatos galegos ata Ordes e o Barco de Valdeorras tiveron que viaxar os atletas participantes nos Campionatos Xunta de Galicia de lanzamentos longos desta fin de semana que se disputaron para as categorías Sub20, Sub18 e Sub16

Fuente Federación Galega de Atletismo/ Hugo Casañas e demais medallistas

Foi precisamente o Concello de Ordes quen abría o sábado a primeira xornada reservada para ás categorías Sub18 e Sub20. A campioa de España Aixa Corbacho, con MMT este ano de 57.50 m. lanzaba o martelo Sub20 ata os 56.61 m. sumando un novo título galego. Xaido Nimo do Celta Atletismo sobre a mesma modalidade, facía o propio con 55.23 m. que ademáis supoñen unha MMT.

No disco, foron bos os 40.47 m. de Eloy Acuña da Gimnástica, e na xavelina dominio barbanzán con Lara Iglesias chegando ata os 48.05 m. que a sitúan líder do ranking de España, e a Enzo Moure escalando ata a sexta posición dese mesmo ranking con 54.75 m.

Na categoría Sub18, Hugo Casañas do Ourense Atletismo acaparaba novamente todas as miradas. Un dos grandes valores dos lanzamentos galegos, lograba mandar o disco ata uns excelentes 58.51 m. que supoñen un novo récord galego Sub18 e que ademáis situanno como líder do ranking de España. Aitana Capeáns do Ourense Atletismo na categoría Sub18 lograba tamén uns excelentes 38.18 m.

Tanto Lydia Valdés do At. Sada en martelo con 48.91 m. como Antía Otero en xavelina con 37.10 quedaban algo alonxadas da súa MMT pero os rexistros logrados serviron para proclamarse campioas galegas. Excelente Alex César do A.A. Mazí quen escala ata os postos top do ranking de España grazas aos seus 56.62 en xavelina.

O líder nacional Javier Cid do Ourense At. lanzaba lonxe dos seus 57.03 m. que ten acreditado este ano como MMT pero suficientes para estar no máis alto do podio galego.

O Barco de Valdeorras

Xa o domingo arrincaba en O Barco de Valdeorras o campionato de lanzamentos longos Sub16 no que o máis salientable foron os concursos dos atletas da Gimnástica David Vázquez en disco con 40.47 m. e de Adrián Cabaleiro en xavelina con 41.15 m.

Gabriela Bouzada do Celta Atletismo pola súa banda, tamén se proclamaba campioa galega en xavelina con 35.88 m.

Resultados do campionato Sub20 e Sub18

Resultados do campionato Sub16

Lea también

El director deportivo del Racing de Ferrol valora el cierre del mercado invernal

En rueda de prensa celebrada este lunes, el director deportivo del Racing Club de Ferrol, …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *