Entrega dos premios do concurso da XIX Mostra da Camelia Cidade de Narón

Ata as 18:00 horas deste domingo 9 poderanse ver os centos de especies de flor de camelia que participan na exposición deste ano e no décimo quinto concurso de Flor de Camelia.

Fuente Concello de Narón

A décimo novena edición da Mostra da Camelia Cidade de Narón inaugurouse este sábado 8 ás 17:30 horas, no Centro Comercial Odeón. O Concello e a Asociación Galega da Camelia organizan esta convocatoria, en cuxa entrega de premios participaron a alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro; o presidente e o vicepresidente da Asociación Galega da Camelia, Edmundo Novoa e Eusebio López, respectivamente e as edís de Promoción Económica de Narón, Olga Ameneiro, e de Benestar Social, María Lorenzo.

Ata as 18:00 horas deste domingo 9 poderanse ver os centos de especies de flor de camelia que participan na exposición deste ano e no décimo quinto concurso de Flor de Camelia, do que tamén esta tarde se repartiron os premios, concedidos por un xurado especializado.

O premio á mellor camelia japónica foi para Marco Cobo, de Cantabria; o de mellor camelia reticulata paran Geli Piñeiro, de Tomiño (Pontevedra); a mellor especie de camelia foi a de Alicia e Manuel Cruz, de Sillobre (Fene) e o mellor híbrido de camelia o da Asociación de Mulleres Pozo da Moura, de Domaio (Pontevedra).

Así mesmo, o premio para a mellor flor miniatura recaeu en Pascual Sesma, de Ares, e o de mellor cultivador-expositor en Abelardo Barcala, de Rubianes (Pontevedra).

A mellor composición artística colectiva foi a de Ana Calo, de Boiro (A Coruña). A maiores de cultivadores de Narón e comarca, participaron no certame outras persoas procedentes das provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra, e tamén de comunidades como Asturias e Cantabria.

Fuente Concello de Narón

A alcaldesa da cidade valorou a participación de 25 expositores nesta edición, dos que 16 se presentaron ao certame, algúns deles con flores moi exclusivas. Ferreiro felicitou ademais á Asociación Galega da Camelia por organizar un ano máis esta convocatoria na cidade, á que animou a visitar ás persoas que queiran desfrutar dos exemplares expostos, e ás persoas que participaron no evento.

A Sociedade Española da Camelia e a Deputación da Coruña colaboran un ano máis nesta mostra, que no programa de mañá domingo inclúe unha visita guiada á colección de camelias do parque dos Andrade, en Pontedeume. Representantes da Asociación Galega da Camelia visitarán tamén citado domingo o Centro de Interpretación dos Muíños Industriais de Xuvi

Lea también

La Armada celebra este viernes en Ferrol el Día de las FFAA con un solemne arriado de la Bandera Nacional

Continuando con los actos programados por la Armada en Ferrol con motivo del Día de …