XXXVI Campionato Autonómico de Marcha en Ruta

A marcha continúa acaparando protagonismo neste treito de tempada. Comezo o II Circuito Galego de Marcha en Ruta, este domingo 9 disputarase en A Pobra unha nova edición do Campionato de Galicia da especialidade para as categorías de Sub10 en adiante.

FGA/Foto Juan Ramilo

Para esta edición contaremos cun total de 130 participantes entre os cales destaca a presenza da marchadora internacional campiona do mundo por equipos en Antalya Aldara Meilán da Escola Atlética Lucense, e a do tamén campión e plusmarquista mundial máster Juan Manuel Morales do Marineda Atletico,  que parten como favoritos ao título galego absoluto.

Xunto eles estarán participando a senior Alba Pérez da Gimnástica quen o ano pasado lograba o galego Sub23.

O campión galego Sub18 Nicolás Collazo do Ames Atletismo Savante, debuta na categoría superior na que se medirá con Andrés González do Celta Atletismo. Icía Ares do Ourense Atletismo pola súa banda, intentará reeditar o campionato do ano pasado sobre este mesmo circuito.

Interesante disputa na categoría Sub16 ca presenza de Tomás Bautista do At. Porriño quen defenderá título diante Antón Díaz do At. Narón quen pola súa banda, esta tempada sube de categoría logo de proclamarse campión galego no 2024. Nas mulleres, a campioa galega Sub14 Martina Castro da Atlética Lucense, parte como favorita para estar novamente no máis alto do podio.

Os marchadores da Atlética Lucense Laiane Iglesias na Sub10 e Diego Fernández na Sub14 xunto a Diego Seijido do At. Narón na Sub10, serán tamén outros dos campións galegos presentes que seguiremos con especial interese.

No tocante á categoría máster, tomarán xunto a Juan Manuel Morales entre outras, as campionas e campións galegos do 2024 Daniel García do Rías Baixas na M45 e Maria Dolores Martínez do Trega na F50.

Lea también

Buenos resultados para Club Arco Narón en el Cto de España de tiro con arco indoor

Desde el pasado jueves se desarrolló en Valladolid el Campeonato de España de tiro con …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *