O POS da Deputación da Coruña é desde o 2017 baixo unha área gobernada polo BNG un sistema de reparto de fondos xusto e transparente, que ademais outorga aos concellos a capacidade de decidir en que investir.
A falta de diálogo en anos anteriores levou ao BNG de Narón a ser» o único grupo que non votase a favor. Este ano, por vez primeira, foron escoitadas as súas propostaas e tidas en conta e, por responsabilidade, e “porque queremos un Narón que vaia a máis” o seu voto vai ser favorábel».
Olaia Ledo, portavoz municipal indica “hoxe queremos dicirlle ás persoas que colleron a papeleta do BNG e nos deron os mellores resultados da historia que poden sentirse orgullosas porque avanzamos un chanzo máis no noso programa electoral, programa traballado conde decenas de entidades e persoas de todos os ámbitos da nosa cidade. Os investimentos non cubren todas as necesidade pero si chegan a todos os barrios e parroquias”.
No BNG inciden que eles só se deben aos veciños. Geno Carballeira, concelleiro responsábel da área de facenda no BNG declara “facemos unha oposición construtiva pero firme e crítica. Nós non faremos nunca oposición á oposición, facémoslla ao goberno e iso implica ir conseguindo obxectivos e ser útiles. Este POS sería aprobado dado a abstención doutros grupos pero hoxe votamos SI por consideralo positivo e por ir as nosas demandas. Temos moi claro o noso proxecto e traballamos para seren hexemónicos”