Inaugurada no Torrente Ballester a exposición «Orixes IIII-Traslocastro MMXXIV»»

A concelleira de Turismo e Patrimonio, Maica García, e Juan Luis Montero Fenollós profesor de la UDC y arqueólogo participaron na tarde deste venres, día 31, na inauguración da exposición Orixes III: Tralocastro MMXIV, impulsada pola Cátedra de Arqueoloxía e Educación Patrimonial que promove o Concello de Ferrol xunto á Universidade da Coruña.

Unha exposición formada por catro secciones: o compoñente humano, a campaña de escavacións no castro de Tralocastro de Esmelle levada a cabo o pasado verán, as visitas ao castro e un audiovisual titulado sobre “pedras que falan dá nosa historia”.

A mostra está aberta ao público desde esta xornada ata o 20 de abril na capela do centro cultural Torrente Ballester.

As escavacións no castro de Esmelle son o eixo arredor do que pivota a exposición, permitindo ao visitante “explorar e comprender mellor as nosas raíces a través do traballo arqueolóxico”, explicou a edila. O achado deste
xacemento revelou unha monumentalidade arquitectónica “sorprendente, algo fóra do común para a época, o que nos invita a reflexionar sobre a riqueza cultural e a importancia estratéxica que tivo esta terra no pasado”, engadiu.

A concelleira concluíu as súas palabras agradecendo o traballo de todas as persoas e institucións implicadas neste proxecto.

Lea también

La Filarmónica Ferrolana trae al Auditorio de la ciudad a la Real Filharmonía de Galicia

Este viernes 31 de enero a las 20:30 horas la Filarmónica Ferrolana trae al Auditorio …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *