Actos en Narón da fin de semana

Venres 31 de xaneiro de 2025

Actividade: As fillas bravas de Momán; Hora: 20:30 Lugar: Pazo da Cultura

O grupo Chévere trae a Narón o espectáculo “As fillas bravas de Momán”, unha proposta protagonizada por tres mulleres e que ten entre os seus obxectivos explorar a posibilidade dun teatro con perspectiva de xénero para sensibilizar á sociedade fronte á violencia machista e as desigualdades entre homes e mulleres. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es

Sábado 1 de febreiro de 2025

Actividade: Biciescola; Hora: A partir das 10:00 Lugar: Pavillón da Mocidade (A Gándara)

O Concello impulsa esta actividade a través do equipo de Educación Viaria e en colaboración coa empresa La Fuga Cycling. Unha vintena de persoas participarán nestas clases a cargo de monitores especializados e para ensinar a andar en bici a menores e maiores.

Actividade: Gala de entrega dos premios Youtubeiras+; Hora 19:00 Lugar: Pazo da Cultura

O Pazo acollerá o acto de entrega de galardóns desta gala, organizada polos servizos de normalización lingüística  dedez concellos, as tres universidades e a Deputación da Coruña

Domingo 2 de febreiro de 2025

Actividade: Rosalía, a pulga que escribía; Hora: 18:00 Lugar: Pazo da Cultura

A compañía Galitoon creou este espectáculo de monicreques, dirixido a público familiar (a partir de 2 anos). Rosalía,unha pulga moi pequena e Bruno, un canguro, son os protagonistas desta peza. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es

Lea también

Odeón celebra el Carnaval con un Desfile de Disfraces con premio

El Centro Comercial Odeón celebra este sábado en Narón un Desfile de Disfraces en el …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *