Psoe Ferrol acusa «desaproveitar os fondos europeos para revitalizar Inferniño e Fajardo»

O grupo socialista acusa ao goberno municipal de Ferrol de «volver a desaproveitar unha oportunidade clave para mellorar a cidade». Nomeadamente, o voceiro deste grupo, Ángel Mato, refírese á proposta «para desenvolver unha Estratexia de Desenvolvemento Integrado Local (EDIL) no barrio do Inferniño e Fajardo, que permitiría optar a ata 15 millóns de euros en fondos europeos, que foi rexeitada polo PP no Pleno municipal».

«Con esta negativa, o goberno local non só renuncia a mellorar a calidade de vida da veciñanza do Ensanche e do Inferniño, senón que tamén perde a oportunidade de captar investimentos europeos que poderían servir para transformar un dos barrios máis poboados da cidade», asegurou Mato, que enagadiu que é «un barrio abandonado e unha oportunidade perdida».

Durante o debate plenario, o voceiro socialista lembrou que «no barrio do Inferniño hai dez quilómetros de beirarrúas sen un só banco e apenas dúas árbores que dean sombra, unha situación que pon en evidencia a falta de coidado e planificación urbanística nesta zona«.

A estratexia rexeitada, como subliñou Mato, «permitiría revitalizar o barrio con espazos públicos de calidade, máis zonas verdes e unha mobilidade máis sostible, tal e como se logrou en Canido co Plan Urban. “O Urban transformou Canido, converteuno nun barrio con identidade, con dinamismo, con espazos para as persoas. Por que o Inferniño non pode ter a mesma oportunidade?”, cuestionou o voceiro socialista.

A este respecto, lembrou que «o goberno do PP non parte de cero posto que os proxectos xa están feitos «O goberno local non pode escudarse na falta de planificación, xa que para presentar a memoria á convocatoria EDIL xa conta con proxectos redactados e estudos urbanísticos dispoñibles, o que facilitaría enormemente a tramitación», afirmou o voceiro do PSDEG-PSOE. Entre eles, citou o de«:

«Reurbanización do primeiro quilómetro da Estrada de Castela (Aprobado en Xunta de Goberno Local en decembro de 2022, con 2,2 millóns de euros); o de Reurbanización da Rúa Nova de Caranza e da Rúa Manuel Belando (Proxectos aprobados en outubro de 2021 e modificados en 2023); e o Proxecto de reforma interior do Centro Cultural Carballo Calero, para modernizar este espazo clave do barrio».

«Trátanse de acordos para revitalizar Porta Nova, como a posible instalación dunha oficina do SEPE e o convenio coa Deputación para a creación dun coworking. Facilidade para redacción dos novos proxectos, baseados nos criterios xa establecidos para a rúa Venezuela e Alcalde Usero, que poderían aplicarse no desenvolvemento dos proxectos ainda non redactados».

«A existencia destes proxectos demostra que a execución da Estratexia EDIL eraperfectamente viable, xa que moitas das actuacións necesarias xa estaban planificadas. O goberno municipal, en lugar de aproveitar este traballo previo, decide bloquear o acceso a fondos europeos e frear o desenvolvemento do barrio».

Ángel Mato acusou ao PP de ser «un goberno sen proxecto para Ferrol» e, este respecto, asegurou que «o goberno local rexeitou este proxecto sen ofrecer ningunha alternativa viable para a mellora do barrio do Inferniño e do Ensanche A».

«Esta decisión supón un grave erro estratéxico nun momento no que outras cidades están aproveitando os fondos europeos para modernizar os seus espazos urbanos e fomentar a cohesión social». “ Rey Varela non aporta nin o traballo nin a votande política de mellorar Ferrol. O gobernó non ten un proxecto para a cidade, pretenden pasar esta catro anos a base de anuncios grandiosos e de festas sin ningún proxecto executado”, aseverou Mato.

O grupo Socialista considera que «esta negativa é unha mostra máis da falta de planificación e ambición do goberno municipal, «que prefire deixar pasar investimentos en lugar de apostar por un Ferrol máis habitable, sostible e con oportunidades para todos»».

«Seguiremos defendendo a revitalización do Inferniño, Fajardo e, en xeral, de todo o Ensanche A «Malia o voto desfavorable do goberno, seguiremos defendendo este proxecto e esixindo que se prioricen os intereses da veciñanza. O Ensanche A e o Inferniño non poden seguir sendo os grandes esquecidos de Ferrol», destacou Angel Mato.

Finalmente, manifestou que «non podemos permitir que Ferrol quede atrás mentres outras cidades avanzan. Reclamamos unha rectificación do goberno municipal e a posta en marcha dunha estratexia real para captar fondos europeos e revitalizar estes barrios».

Lea también

O BNG reúnese co persoal da residencia de Caranza

O BNG realizou unha visita á residencia de maiores de Caranza acompañados da presidenta e …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *