Ferrol en Común pon de manifesto o 225 aniversario do nacemento de Concepción Arenal

O 31 de xaneiro conmemórase o 225 aniversario do nacemento en Ferrol de Concepción Arenal Ponte, unha das figuras máximas do século XIX, experta en dereito, pensadora, periodista, poeta e escritora e considerada tamén pioneira do traballo social e precursora do feminismo no estado español

Ferrol en Común quere «poñer de manifesto o seu traballo a prol da igualdade entre mulleres e homes así como a súa reivindicación ao libre acceso á educación, aos dereitos humanos e á xustiza social nuns tempos (século XIX) nos que o machismo imperaba na sociedade», tal e como ela dicía “La pasión es un torrente para el hombre; para la mujer, un abismo” ou “Lo primero que necesita la mujer es afirmar su personalidad, independientemente de su estado, y persuadirse de que soltera, casada o viuda, tiene derechos que cumplir, derechos que reclamar, dignidad que no depende de nadie”

Lea también

O BNG reúnese co persoal da residencia de Caranza

O BNG realizou unha visita á residencia de maiores de Caranza acompañados da presidenta e …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *