Fene prepara unha nova edición do Outlet

O Concello de Fene pon en marcha unha nova edición do Outlet Fene, unha exitosa iniciativa que busca dinamizar o comercio local e fomentar o consumo nos establecementos do municipio. Nesta ocasión, a iniciativa celebrarase os días 7, 8 e 9 de marzo, permitindo que os comercios, a hostalería e os negocios de servizos promocionen os seus produtos e ofrezan descontos especiais.

O evento desenvolverase nos seguintes horarios: venres e sábado de 10:00 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 horas; e domingo de 11:00 a 13:30 horas. Durante estas xornadas, a veciñanza terá a oportunidade de descubrir unha gran variedade de produtos a prezos rebaixados, ao tempo que apoia ao comercio local.

A concelleira de promoción económica e turismo, Ángeles Coira, destacou que “o Outlet de Fene é unha ocasión perfecta para que os comercios locais dean saída ao seu stock e para que a veciñanza poida beneficiarse de importantes descontos sen saír de Fene”. “Ademais, este tipo de iniciativas contribúen a coñecer novos establecementos, fortalecer a economía local e a fidelizar clientela”, engadiu Coira.

Inscrición aberta para os comercios interesados

Os establecementos que desexen participar na feira deberán enviar a súa solicitude antes do xoves 20 de febreiro ao correo electrónico desenvolvemento.local@fene.gal, indicando o nome do negocio, enderezo, persoa responsábel, teléfono e correo de  contacto, ademais de se precisan mesa ou carpa. Para máis información, pódese contactar co teléfono 981 492 767.

A concelleira animou a todos os negocios do municipio a sumarse a esta nova edición do Outlet. «Queremos que sexa un evento dinámico e atractivo para toda a veciñanza, polo que contamos coa implicación do comercio, a hostalería e os servizos de Fene. Entre todos, podemos facer que esta iniciativa sexa un éxito e contribúa ao desenvolvemento do noso tecido económico», concluíu Ángeles Coira.

Lea también

El Servicio de Asesoramiento Jurídico en Valdoviño inició 47 expedientes en 2024

Atendió cerca de 70 consultas de vecinos derivados de los Servicios Sociales Municipales, y prestó …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *