Ares premiará as mellores caracterizacións indianas cun concurso de traxes

A praza da Constitución da vila de Ares transformarase en escenario de desfiles a través dunha das novas propostas da concellaría de Cultura para o Ares Indiano 2025. Durante a tarde do domingo, 24 de agosto, o Concello impulsa un concurso de vestimenta indiana, ‘Amosa o teu traxe’, co foco posto en premiar a implicación do público que acuda caracterizado ao evento.

Fuente Concello de Ares

Valorarase por parte do xurado, composto por representantes da organización do Ares Indiano e por Beatriz Sieira, modista especializada en traxes de época, a orixinalidade, a fidelidade histórica e o nivel de confección dos traxes das persoas que se animen a participar.

Poderá participar calquera persoa, de calquera idade, que se achegue caracterizada como indiana ou indiana ao punto habilitado para o concurso na praza da Constitución ás 17:50 horas do 24 de agosto, dez minutos antes do inicio do desfile.

Establécense cinco premios para as categorías dentro de Amosa o teu traxe, e declararase un único grupo gañador:

CATEGORÍA ADULTA

A partir de 15 anos, recibindo 50 euros en metálico por gañador/a.
Gañadora mellor traxe femenino.
Gañador mellor traxe masculino.

CATEGORÍA INFANTIL

Ata 14 anos, recibindo como premio unha caixa de agasallos por gañador/a.
Gañadora mellor traxe femenino.
Gañador mellor traxe masculino.

CATEGORÍA GRUPOS

6 ou máis integrantes de calquera idade que terán como galardón 100 euros en metálico.

Para ampliar información, habilitouse o número 981 448 057 e o e-mail aresindiano@concellodeares.com

Lea también

La Crebinsky Balkan Band protagoniza este jueves una nueva cita de ‘Os Xoves da Capela’ en Ferrol

El Centro Cultural Torrente Ballester acoge este jueves 16 de abril, a partir de las …