Inauguración en Ferrol da exposición “Orixes III”

A Capela do Centro Cultural Torrente Ballester acolle este venres 31 de xaneiro, ás 19:00 horas, o acto de inauguración da exposición “Orixes III”, centrada nos traballos de campo realizados en xullo de 2024 no castro de Esmelle, tamén coñecido na zona como Tralocastro, e impulsada no marco da Cátedra de Arqueoloxía e Educación Patrimonial que promove o Concello de Ferrol xunto coa Universidade da Coruña (UDC).

A mostra, que poderá visitarse de xeito totalmente gratuíto ata o 20 de abril, está dividida en catro seccións ben delimitadas. A primeira delas, céntrase no compoñente humano, a segunda, na campaña realizada o ano pasado, a terceira, nas visitas que se realizaron ao castro durante a escavación e a cuarta e última, no audiovisual Tralocastro. Cando as pedras falan da nosa historia.

O profesor da Facultade de Humanidades e Documentación do Campus Industrial de Ferrol, Juan Luis Montero Fenollós, dirixe a Cátedra de Arqueoloxía e Educación Patrimonial desde o seu nacemento, en 2022.

Lea también

La Filarmónica Ferrolana extiende su oferta musical cara la primavera con tres eventos extra

La Filarmónica Ferrolana va extender de manera excepcional su oferta musical de cara a la primavera, con …