As Pontes asina un convenio de colaboración co IGVS

O salón de actos da Casa Dopeso acolleu, a semana pasada, unha xornada informativa, organizada polo Concello das Pontes coa colaboración do Instituto Galega de Vivenda e Solo IGVS co obxectivo de informar á veciñanza sobre as liñas autonómicas de axudas, en vigor, en materia de vivenda.

Fuente Concello de As Pontes

Durante o encontro, o rexedor local, González Formoso avanzou que o Concello das Pontes asinará un convenio de colaboración coa Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas para poñer en marcha un rexistro municipal de vivendas en alugueiro para que a veciñanza das Pontes se poida beneficiar destas axudas e facer fronte á problemática de acceso á vivenda detectada no municipio.

O alcalde apuntou que “no plan de vivenda elaborado polo Concello das Pontes detectamos unha serie de carencias, dáse o paradoxo de que o 25% do parque de vivendas do municipio está baleiro e hai unha demanda crecente de alugueiro, tanto de persoas que veñen a traballar a As Pontes e como de xente moza que se está atopando con dificultades para atopar vivenda na nosa vila a pesar de existir inmobles baleiros. Na procura de opcións que contribuísen a mobilizar estas vivendas, mantivemos un encontro coa conselleira de Vivenda e hoxe, preséntannos as liñas de axudas coas que conta o goberno autonómico, ás que se pode acoller calquera veciño ou veciñas das Pontes, para lograr que a poboación do municipio medre e mover o mercado de alugueiro”.

Pola súa banda, a secretaria xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo, María Ángeles Dominguez explicou aos asistentes as dúas liñas da axuda do Plan Vivendas Vivas (PMVA) co que “se pretende mobilizar o maior número posible de vivendas baleiras de titularidade privada para a súa incorporación, a un prezo accesible, ao mercado de alugueiro”

Fuente Concello de As Pontes

En ambos casos, o PMVA garantirá ás persoas arrendadoras das vivendas incluídas nel durante un prazo máximo de cincos anos, a contar desde a entrada en vigor do contrato, un seguro que cubra o abono das rendas non pagadas, así como un seguro para a reparación dos danos que se ocasionen nas vivendas durante a vixencia do arrendamento, sempre que non sexan consecuencia da súa deterioración polo seu uso ou polo paso do tempo, e a asistencia xurídica ante os problemas que poidan xurdir durante o tempo de duración do contrato ou cando se resolva.

A primeira liña de axudas desenvolverase a través dunha rede de entidades colaboradoras (axentes inmobiliarios, administradores de fincas e intermediarios inmobiliarios) que serán as encargados de localizar e captar vivendas que reúnan os requisitos idóneos, publicalas na plataforma informática do IGVS desenvolvida para este programa.

Poderán ser arrendatarias das vivendas incorporadas ao PMVA as persoas que conten coa credencial vixente da súa inscrición no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda de Galicia como demandantes, en réxime de alugueiro, debendo dedicar a vivenda alugada á súa residencia habitual e permanente durante todo o tempo de duración do contrato.

A unidade de convivencia debe ter uns ingresos anuais de entre 1 e 4,5 veces o IPREM (entre 8.400 e 37.800 euros) e a renda da vivenda non será superior ao 30% dos ingresos da unidade de convivencia.

A segunda liña desenvólvese e a través dos concellos que serán os encargados e elaborar o rexistro das vivendas dispoñibles. Neste caso as persoas arrendatarias serán de sectores da poboación, aos que, por razón da súa baixa rella, lles resulta máis complexo acceder ao alugueiro.

Así esta liña de axudas diríxese a unidades de convivencia con ingresos de entre 0,7 e 1,5 veces o IPREM (entre 5.900 e 12.600 euros), e que teñan dificultades especiais para alugar unha vivenda. Ademais, terán que estar rexistrados no R Rexistro Único de Demandantes de Vivenda de Galicia en réxime de alugueiro e a renda que deban pagar non pode superar o 30 % dos ingresos da unidade de convivencia.

Toda a información sobre o plan pode consultarse na páxina web do IGVS, na seguinte ligazón
https://igvs.xunta.gal/areas/vivenda/aluguer/alugamento-2023

Lea también

Medio cento de persoas pasan a fase de actualización técnica na Fusquenlla

Medio cento de persoas pasan a fase de actualización técnica para utilizar o novo equipamento …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *