A XIX Mostra da Camelia Cidade de Narón celebrarase en febreiro en Odeón

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e a concelleira de Turismo, Natalia Hermida, presentaron este martes 28 xunto con Eusebio López, Manuel Cruz e Manuel Pico, vicepresidente, tesoureiro e secretario, respectivamente, da Asociación Galega da Camelia, a décimo novena edición da Mostra da Camelia Cidade de Narón.

A convocatoria desenvolverase os días 8 e 9 de febreiro nas instalacións do Centro Comercial Odeón, na Gándara. O Concello organiza a convocatoria xunto coa Asociaicón Galega da Camelia e en colaboración coa Sociedade Española da Camelia e a Deputación da Coruña.

A maiores da mostra, como é habitual, celebrarase unha nova edición, a décimo quinta, do Concurso de flor de camelia Cidade de Narón, no que se valorarán los diferentes lotes presentados por cultivadores de camelia tanto procedentes da comarca como doutras localidades.

O sábado a primeira hora comezarán a colocarse os lotes de flores de camelia nas mesas que se instalarán na planta baixa de Odeón, co fin de poder valoralos o xurado e posteriormente abrir a exposición a todas as persoas que queiran achegarse a ver as múltiples variedades desta especie que participarán no certame, procedentes de Lugo, A Coruña, Pontevedra, Asturias, Cantabria…

As persoas que queiran participar poden inscribirse a través do número de teléfono 660 599 700 ou do correo electrónico: asociaciongalegadacamelia@gmail.com antes do vindeiro 1 de febreiro. A mostra inaugurarase oficialmente ás 17:30 horas, momento no que tamén se procederá á entrega dos premios concedidos polo xurado aos mellores exemplares.

O domingo reabrirase a mostra ás 10:00 horas e ás 10:30 horas as persoas que o desexen poderán visitar a colección de camelias do parque dos Andrade, en Pontedeume. A clausura da convocatoria terá lugar ás 18:00 horas, tal e como avanzaron dende a organización.

Lea también

IV Campionato de BTT resistencia Cidade de Narón

O edil de Deportes de Narón, Ibán Santalla, presentou este luns 27 xunto con Samuel …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *