A oposición ferrolá presenta dúas mocións conxuntas no pleno

O BNG, PSOE y FeC presentan xuntos unha moción pra garantir a igualdade no uso das instalacións deportivas municipais e outra sobre formación en igualdade e prevención da violencia machista.

O Grupo Municipal Socialista, Bloque Nacionalista Galego e Ferrol en Común ao abeiro do disposto nos artigos 40 e seguintes do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, presenta no Pleno da Corporación Municipal dúas mocións, unha versa sobre formación en igualdade e prevención da violencia machista

Exposición de motivos:

«No recen rematado ano 2024 morreron asasinadas en España 47 mulleres e nove menores vítimas de crimes machistas. Os espeluznantes datos poñen unha vez máis de relevancia o importante papel que dende as administracións públicas debemos facer en pro da igualdade e contra a violencia machista, así coma a necesidade de facer fincapé nas políticas de concienciación e formación, especialmente entre a poboación moza».

«Se ben é certo que dende os Grupos municipais Socialista, do Bloque Nacionalista Galego e Ferrol en Común saudamos positivamente, tal e como mostramos nas Comisións de Igualdade e Consellos da muller, toda acción que propoña o Goberno Municipal en pro de Políticas feministas e de loita contra a violencia machista, queremos chamar a atención sobre o tipo de accións formativas que se desenrolan nos centros educativos da nosa cidade».

«A única formación que se leva a cabo actualmente é a través dun convenio nominativo co Colexio de Avogados, que se encarga da elección das profesionais que imparten a formación, unicamente tendo en conta aqueles perfís que traballen na quenda de oficio».

«Se ben valoramos positivamente que sexan profesionais vinculadas a aplicacións das leis de violencia de xénero entendemos que dita formación, dada a súa importancia, debería ter una visión integral e transversal, contando con equipas multidisciplinares e tendo en conta o público ao que se dirixen: menores».

«As funcións inherentes ás profesionais xurídicas non son as de prevención, sensibilización, visualización e valoración de factores de risco, a visión educativa na posta en marcha das accións, as pautas de control de impulsos… votamos en falta a presencia de profesionais como Educadoras Sociais especializadas ou técnicas de Igualdade, con formación e experiencia acreditada».

«Dende os Grupos municipais Socialista, do Bloque Nacionalista Galego e Ferrol en Común creemos imprescindible a formación específica no eido educativo por parte dos profesionais que deseñen estas formacións, dadas as repercusións que poidan ter entre os e as mozas as que se dirixen, valorando moi positivamente que poidan estar acompañadas doutras profesionais como avogadas, persoal sanitario ou corpos e forzas de seguridade do Estado, podendo así abordar a formación de maneira integral sen perder de vista ó público ao que se dirixe e a relevancia da temática».

«Queremos por de manifesto a importancia da elección dos perfiles das persoas que imparten ditas accións formativas, atendendo especialmente a súa experiencia e formación curricular, debendo fixarse requisitos e criterios que garanten a selección das persoas máis axeitadas e preparadas».

«Polo anteriormente exposto, os Grupos Municipais Socialista, do Bloque Nacionalista Galego e Ferrol en Común someten a votación a presente moción e o seguinte acordo:

«Que o Goberno Local redesigne os obradoiros de formación en materia de igualdade abordándose dende unha perspectiva multidisciplinar, con persoal cualificado, con formación e experiencia acreditada e específica no ámbito socioeducativo».

«Que este tipo de Obradoiros teñan carácter permanente e se consoliden nos Centros Educativos do Concello de Ferrol»

Por outra banda Ferrol en Común, PSdeG-Psoe Ferrol e BNG Ferrol presentan conxuntamente outra moción neste caso garantir a igualdades no uso das instalacións deportivas municipais. 

Exposición de motivos

«O Club Ferrol Atletismo, unha entidade que representa a nosa cidade en competicións autonómicas e nacionais, e que experimentou un crecemento notable no número de licenzas e participantes nas súuas escolas, leva anos
sufrindo desigualdades no acceso e uso das instalacións deportivas municipais. Estas dificultades afectan negativamente ao desenvolvemento das actividades do club e ao progreso deportivo dos seus membros».

«Como administración pública, o Concello de Ferrol ten o deber de garantir a igualdade de trato e oportunidades no acceso aos recursos municipais, promovendo a xustiza e o equilibrio entre todas as entidades deportivas que
empregan as instalacións municipais. Por todo isto, os grupos asinantes, recollendo as inquedanzas do Club Ferrol Atletismo, consideran imprescindible adoptar medidas que aseguren a igualdade no uso das instalacións, en proporción ao número de licenzas federativas de cada club e en igualdade de condicións co resto das entidades»

Garantir a igualdade de condicións no uso das instalacións municipais:
«Establecer un sistema de distribución de horarios e espazos de adestramento que sexa proporcional ao número de licenzas federativas de cada club».

«Permitir o acceso ao ximnasio e ao material deportivo dispoñible nas instalacións municipais, garantindo o seu uso en igualdade de condicións co resto dos clubs».

Establecer criterios claros e transparentes para a asignación de recursos e horarios:
Desenvolver unha normativa obxectiva que regule a asignación de horarios e materiais, tendo en conta as necesidades dos clubs que representan a Ferrol en competicións oficiais».

«Realizar unha revisión periódica da normativa vixente para adaptala ás necesidades reais dos usuarios».

Controlar o acceso e uso das instalacións municipais:
«Implementar medidas que restrinxan o acceso a grupos non rexistrados formalmente no Concello, garantindo que os horarios asignados aos clubs sexan respectados».

«Supervisar o cumprimento dos requisitos administrativos e legais por parte de todos os usuarios das instalacións deportivas».

Seguimento e avaliación:
«Realizar un seguimento periódico para garantir o cumprimento das medidas adoptadas e avaliar o impacto destas na mellora das condicións de igualdade no uso das instalacións municipais».

Por todo o exposto anteriormente os grupos Ferrol en común, Bloque Nacionalista Galego e grupo Socialista propoñen ao Pleno a adopción do seguinte acordo:

«Implementar as medidas propostas para garantir a igualdade de condicións no uso das instalacións deportivas municipais».

«Revisar e monitorizar periodicamente o cumprimento dos criterios establecidos, co obxectivo de asegurar un trato equitativo e proporcional a todos os clubs».

Lea también

Un poste de telefonía caído en Covas, Ferrol, bloquea el paso de vehículos esenciales

Los vecinos de la zona de “A Aldea” en Covas, Ferrol, se han visto afectados …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *