Un total de sesenta e dos atletas forman a Selección Galega de Campo a través que representarán a Galicia no Campionato de España de Campo a través por Seleccións Autonómicas que se disputará esta fin de semana na localidade madrileña de Getafe.
Para elo, desprazaranse ata o circuito do Parque Cerro de los Angeles un combinado paritario formados polos equipos absolutos, Sub23, Sub20, Sub18, Sub16 e remudas absolutas mixtas.
Entre a relación de seleccionados figuran, todos os campións galegos do certamen autonómico de campo a través desenvolto en A Rúa o pasado día 4 de xaneiro, á cabeza das cales estará Itziar Manso liderando unha selección absoluta que en troques non poderá contar ca participación do campión galego, o triatleta olímpico Antonio Serrat, quen se atopa inmerso na súa preparación para o campionato mundial de triatlon do mes de febreiro.
No resto de categorías, compre salientar a presenza de atletas importantes como é o caso de Paula Fernández e Alejandro Santos que xa o ano pasado sendo Sub16, lograban proclamarse subcampións de España neste mesmo circuito.
Será precisamente a Selección Galega das categorías Sub18 e Sub16 as que terán a díficil tarea de intentar repetir o histórico campionato do 2024 na que lembramos, lográbanse os títulos por Seleccións nas categorías Sub16 e na Sub18 feminina ademáis dos subcampionatos da Sub18 masculina.
A maiores, a internacional lucense Emma Méndez parte como outra das atletas destacadas na categoría Sub20, logo de lograr o podio no pasado campionato de España de cros e de contribuir xunto ao resto de atletas, a que Galicia lograra o subcampionato estatal Sub20. Alex Sierpes e Teo de Frutos pola súa banda, intentarán repetir os primeiros postos do pasado Campionato de España por clubs celebrado en Sevilla no pasado mes de novembro
Xunto a todos eles, serán tamén pezas importantes para os intereses galegos os distintos medallistas estatais de aire libre como Sabela Martínez, Iker Fernández, Asheber Díaz ou Debris Paniagua quenes xunto ao resto de integrates da Selección, emprenderán viaxe de partida este sábado 25 ás 15:40 desde o aeroporto coruñés de Alvedro.