Comezan a chegar as expedicóns de países participantes no Circuito de Cantones

Poucos días son os que faltan para que o Circuito de Cantones de A Coruña acolla unha nova proba correspondente ao Gran Premio Internacional de Marcha que este ano celebra a súa trixésimo oitava edición.

Federación Galega de Atletismo

Como ben sendo habitual as Delegacións comezan a chegar a este escenario que forma parte da World Race Tour 2025 no seu máximo nivel,  e que polas súas datas de celebración, constitúe un gran banco de probas para a gran cita atlética anual deste ano que é o Campionato do Mundo que se levará a cabo a mediados de setembro en Tokio.

Precisamente a gran parte dos marchadores e marchadoras que se den cita en A Coruña este sábado 7 serán quenes estén sobre o asfalto nipón compitindo polos medallais desa imporante cita.

Chegan as delegacións

Sabedores da idoneidade do circuito coruñés, moitas delegacións adiantan a súa chegada ca intencion de aproveitar uns dias a súa preparación previa ao sábado. Nesta ocasión,  a delegación Chinesa composta por máis dunta trintena de atletas e técnicos, foi a máis madrugadara de todos os paises participantes.  A campioa olímpica en París Jiayu Yang e plusmarquista mundial nos 20K, encabezaba esta importante delegación na que se atopa entre outras a ex-recordman mundial Liu Hong.

Outro dos importantes paises  asiáticos participantes que se atopa en A Coruña e o xaponés. En concreto xa adestra, xunto ao resto,  polas rúas coruñesesa o atleta Toshikazu Yamanishi máximo referente da marcha daquel pais que posúe a medalla de bronce olímpica sendo ademáis, dobre campión mundial dos 20K.

Lea también

Valdoviño aproba as bases da autorización de uso das praias por parte das escolas de surf

Haberá un límite de 15 permisos para desenvolver a actividade en todos os areais do …