A Agrupación Instrutiva de Caamouco celebra o San Vicente con «Callos & Rock»

Os festexos terán lugar este sábado 25 e domingo 26 de xaneiro, cunha dobre xornada para todos os públicos. 

A Agrupación Instrutiva de Caamouco AIC ten todo a punto para vivir ao grande o San Vicente 2025. A entidade volve encargarse un ano máis da  organización da parte festiva do patrón da parroquia, apostando pola aplaudida fórmula que o ano pasado ateigou as súas instalacións.

A proposta do sábado mestura gastronomía e música, baixo a xa mítica fórmula Callos&Rock que durante anos converteu a Caamouco nun referente musical da zona. A cita arrancará contra as 21:00  horas, cando se servirán as primeiras tapas de callos, de balde con cada consumición.

Á parte gastronómica seguiralle a musical, desta volta coa visita de Cranio, banda de Ferrol que aposta polo heave metal e o hard rock. Deste xeito, a Agrupación Instrutiva renova o seu apoio ás bandas locais, cun  concerto de balde e aberto a todo o mundo. 

AIC Imaxe do concerto celebrado polo San Vicente 2024

O domingo 26 a rapazada será a protagonista. Ás 17:30 horas a Agrupación ofrecerá a todos os asistentes  unha chocolatada de balde para ir collendo forzas. A continuación, os animadores de Fiestoke poranse á fronte dunha completa festa na que non faltará a música, os bailes e os xogos en grupo. Neste caso tamén se trata dunha proposta aberta a todo o mundo. 

A programación do San Vicente que organiza a Agrupación Instrutiva de Caamouco conta coa colaboración do Concello de Ares

Lea también

Ferrol celebra el Día Internacional de la Danza con una gala en el auditorio

El auditorio de Ferrol acoge este domingo 27 a las 19.30 horas la Gala del …