O BNG de Narón denuncia o mal estado da pérgola da praza do concello en Xuvia

Ademais, alertan da situación dos parques do concello e poñen o exemplo do Parque do Río Freixeiro con desprendemento de terra que está a caer sobre o río.

Archivo.-Praza do concello-Narón

«A praza do concello en Xuvia ten unha pérgola propiedade do concello rota sendo un perigo para os viandantes», denuncia o BNG naronés. Desde o BNG de Narón, ademais da “cinta colocada polo concello” piden “que se solucione por parte do concello nunha zona onde a afluencia de veciños e veciñas é constante” indica Marta grandal, responsábel local.

«O que pedimos por rexistro a respecto da pérgola de Xuvia é unha boa sinalización e que aprobem a solución despois de máis dun mes en mal estado e sabendo que aínda non aprobaron a partida para a súa reparación e coñecer como pensan facer: restaurar wn madeira ou usar outro material» engaden.

Ademais, desde o BNG alertan da situación dos parques do concello e poñen o exemplo do Parque do Río Freixeiro con desprendemento de terra que está a caer sobre o río “parece un deja vu mais neste concello nunca se solucionan as deficiencias estruturais dun parque que debese ser un punto de encontro seguro”.

Ademais, as nacionalistas lembran que preguntaron polo estado do Pavillón das Lagoas e outros pavillóns como o de Sedes e o de Piñeiros en pleno de hai dous meses “e aínda non tivemos resposta. Agora que houbo que parar actividades ou que están a entrar rexistros pedindo devolución de taxas por non poder facer uso deles preguntámonos se o van tomar en serio desde o concello non só dos pavillóns se non das instalacións municipais como o local social de Pedroso, San Xiao ou tantos outros”.

 

Lea también

O punto informativo sobre a prevención do acoso escolar estivo operativo no acceso ao Concello de Narón

O punto informativo municipal sobre a prevención do acoso escolar permaneceu operativo na mañá deste …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *