En Narón, acto de entrega de diplomas do Programa municipal de apoio para a inclusión social das mulleres

A concelleira de Igualdade del concello de Narón, María Lorenzo, participou no acto de entrega dos diplomas dos cursos do Programa municipal de apoio para a inclusión social a mulleres do Concello.

O Café Teatro do Pazo da Cultura acolleu a convocatoria na que algunhas das 67 participantes –todas elas empadroadas en Narón- nos tres cursos impartidos recolleron os seus diplomas con motivo da finalización destas accións.

Volve á clase, Apodérate e Habilidades profesionais e introdución ás novas tecnoloxías son os cursos que se impartiron, na Casa da Mocidade e no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, entre outubro do ano pasado e xuño deste ano.

“A través deste programa tratamos de acompañar ás participantes no seu proceso educativo e, ao mesmo tempo, promover que desenvolvan habilidades que lles permitan avanzar na aprendizaxe dos contidos que favorezan o seu desenvolvemento social, persoal e laboral”, apuntou a edil. A concelleira felicitounas por rematar estes cursos, pensados especificamente para o colectivo, e animounas a continuar formándose “co fin de acadar esa tan necesaria plena inclusión social”.

Lea también

Abre o prazo de recollida de propostas sobre dúas normas xurídicas do Plan Normativo a través da plataforma Narón Participa

O proceso de definición de dúas normas xurídicas incluídas no Plan Normativo de Narón para …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *