Rivas salienta a importancia de que as ANPAs participen no Plan Director de Educación

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, convidou ás asociacións de pais (ANPAs) dos centros educativos da provincia da Coruña a participar no Plan director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e as súas contornas, que promove a Delegación do Goberno da man das forzas e corpos de seguridade do Estado.

Fuente delegación del Gobierno de Galicia

Fíxoo durante unha reunión por videoconferencia con 86 ANPAs da provincia na que insistiu en que a implicación das familias é imprescindible para que o Plan de Convivencia poda chegar a toda a comunidade escolar e desenvolver as súas actividades con éxito.

Na reunión, na que tamén participaron Xosé Lois García Carballido, director da área de Alta Inspección de Educación, a xefa da Unidade Contra a Violencia sobre a Muller da Subdelegación, Manuela Vilaboy e representantes da Policía Nacional, Garda Civil e da Inspección de Educación da Xunta, María Rivas aproveitou para recoller as suxestión e necesidades das asociacións de pais e nais para establecer os mecanismos que permitan achegarlles as actividades do plan e así mellorar a eficiencia do mesmo.

“O obxectivo é conseguir que as familias participen nas actividades, porque a través delas reforzan o traballo que se fai nas escolas á hora de abordar cuestións como o ciberacoso, o uso das tecnoloxías, a violencia de calquera tipo, a protección de datos ou as adicións ao xogo ou á tecnoloxía, entre outras”, apuntou Rivas.

A subdelegada lembrou que 47.481 persoas participaron o pasado curso nas actividades do Plan de Convivencia de Educación na provincia, un 10% máis que as do ano anterior, cun incremento significativo no que atinxe a nais e pais, que pasaron dos 846 do curso 2022/2023 aos 1.212 do pasado curso. “A nosa vontade é que esta cifra siga crecendo, porque canta máis formación teñamos, mellor preparados estaremos para afrontar os problemas da nosa mocidade”, concluíu.

Neste senso, lembrou que desde o ano pasado as ANPAs poden solicitar directamente as actividades, nas que se dan as ferramentas ás familias para que os mozos e mozas estean máis preparados e protexidos ante diversas ameazas, polo que animounas a dar o paso e solicitar estas formacións.

Lea también

Xunta y Farmacéuticos ponen en marcha un programa para la renovación urgente de medicación no demorable

La Xunta ha aprobado este lunes un programa de colaboración entre la Consellería de Sanidade …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *