Ares entrega o gran premio do MercAres 2024-2025

A concelleira de Comercio de Ares, Lucía Blanco, formalizou a entrega do primeiro premio de 500 euros do MercAres 2024-2025 ao veciño aresán Borja Ortube Varela, acompañándoo dos seus parabéns por sumarse a esta campaña de consumo de proximidade do Concello de Ares.

O galardón chega en forma de vale para consumir nalgúns dos máis de 90 establecementos adheridos ao MercAres, fomentando que o investimento económico fique no municipio e fortalecendo o consumo sostible.

Con todo, a campaña non remata aquí, pois en xogo continúan o resto de premios con vales rasca de 5, 10, 20, 50 e 100 euros ata o 31 de xaneiro.

Lea también

Inscrición aberta en Fene para asistir ao espectáculo de narración oral Onde nacen os monstros

Nova sesión de contacontos na Biblioteca Municipal Xosemaría Pérez Parallé de Fene, desta vez baseada …