A Deputación destina 280.556€ a apoiar programas para evitar a soidade non desexada

Un total de 41 municipios da provincia recibirán estas subvencións destinadas a ofrecer iniciativas de intervención social a persoas maiores de 65 anos.

Fuente Diputación de A Coruña

A Deputación da Coruña destina este ano 280.556,49 euros a financiar programas de loita contra a soidade non desexada e actividades de envellecemento activo nos concellos de menos de 5.000 habitantes da provincia.

A institución provincial vén de publicar no BOP a resolución provisional da concesión das subvencións deste programa, no que foron aceptadas as solicitudes de 41 pequenos municipios coruñeses, que recibirán importes de entre 3.990 e 7.000 euros para o sostemento destas iniciativas.

Con estas cantidades subvencionaranse o desenvolvemento de proxectos de intervención social comprendidos por unha ou varias actividades dirixidas a persoas maiores de 65 anos cuxa finalidade sexa fomentar o seu benestar físico, social e emocional. Ditas actividades poderán desenvolverse en espazos de uso público, de xeito individual ou grupal, pero tamén no domicilio das persoas usuarias como atención de carácter complementario do servizo de axuda no fogar (SAF), fisioterapia ou terapia ocupacional.

Deste xeito, a Deputación apoia economicamente aos concellos máis pequenos e rurais da provincia para a posta en marcha ou o mantemento de programas de prevención do deterioro físico ou mental das persoas maiores, na estimulación cognitiva ou no fomento de hábitos saudables. Tamén poden financiarse iniciativas municipais de loita contra a soidade non desexada, como actividades interxeracionais ou de voluntariado con maiores.

Este programa da Deputación súmase a outras liñas de investimento na área social, como o POS Social, que neste ano 2025 destina 7 millóns de euros para reforzar os servizos e programas de axudas sociais dos concellos, en función necesidades específicas de cada un.

“Con programas como este, a Deputación quere apoiar aos concellos máis pequenos da provincia na creación e mantemento de programas que contribúen ao benestar físico e emocional das persoas maiores, algo fundamental no ámbito rural, onde a dispersión poboacional e o envellecemento demográfico agravan as situacións de illamento”, afirmou a deputada de Política Social, Mar García Vidal, que sinalou “o papel fundamental” que as administracións deben ter neste ámbito.

“A creación de emprego no rural, o fomento de actividades interxeracionais e a dotación de espazos e servizos públicos son fundamentais para dar vida ao rural e facelo máis habitable, tamén para os nosos maiores”, afirmou a deputada.

LISTAXE DE SUBVENCIÓNS CONCEDIDAS PROVISIONALMENTE

https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2025/01/17/2025_0000000247.html

Concello da Baña

(Envellecemento Activo)

7.000 €

Concello da Capela

(Obradoiros de envellecemento activo)

6.525 €

Concello das Somozas

(As Somozas acompáñate)

7.000 €

Concello de Aranga

(Maiores activos en compañía)

7.000 €

Concello de Boimorto

(Espazos saudables: proxecto de intervención social coas persoas maiores)

7.000 €

Concello de Boqueixón

(Prevención da dependencia)

6.589,20 €

Concello de Cabana de Bergantiños

(Actividades de envellecemento activo e actuación de loita contra a soidade non desexada)

7.000 €

Concello de Cabanas

(Envellecemento activo e actuacións de loita contra a soidade non desexada)

7.000 €

Concello de Cariño

(Envellecemento activo)

7.000 €

Concello de Carnota

(Envellecemento activo)

7.000 €

Concello de Cerdido

(Proxecto Hábito: obradoiro de memoria e ximnasia – programa de envellecemento activo)

7.000 €

Concello de Coirós

(Proxecto Coida T Coirós)

7.000 €

Concello de Corcubión

(Proxecto Sabérmonos maiores)

7.000 €

Concello de Curtis

(Proxecto Maiormente activado)

7.000 €

Concello de Dodro

(Obradoiros de envellecemento activo e memoria)

7.000 €

Concello de Dumbría

(Proxecto Saúde e calidade de vida dos maiores)

7.000 €

Concello de Fisterra

(Programa Sendeiros cara a vida)

7.000 €

Concello de Frades

(Envellecemento activo e saudable)

7.000 €

Concello de Irixoa

(Envellecemento activo)

3.990 €

Concello de Laxe

(Actividades de envellecemento activo e actuacions de loita contra a soidade non desexada)

7.000 €

Concello de Lousame

(Promoción da autonomía persoal e prevención da dependencia no domicilio)

7.000 €

Concello de Mañón

(Envellecemento activo e saudable. Prevención do deterioro mental e estimulación cognitiva)

7.000 €

Concello de Mazaricos

(Proxecto MZ Actívate!)

7.000 €

Concello de Mesía

(Envellecemento activo)

7.000 €

Concello de Moeche

(Actividades de envellecemento activo e actuación de loita contra a soidade non desexada)

5.087,58 €

Concello de Monfero

(Maiores en movemento)

7.000 €

Concello de Muxía

(Activa-T Muxía)

7.000 €

Concello de Neda

(Obradoiros de envellecemento activo e actuación de loita contra a soidade non desexada)

7.000 €

Concello de Paderne

(Envellecemento activo)

7.000 €

Concello de Rois

(Non envellezas en soidade)

7.000 €

Concello de San Sandurniño

(Memoria activa)

7.000 €

Concello de Santiso

(Accións de prevención do deterioro mental e estimulación cognitiva)

7.000 €

Concello de Sobrado dos Monxes

(Envellecemento activo e saudable para a terceira idade)

7.000 €

Concello de Toques

(Obradoiro de manualidades)

7.000 €

Concello de Tordoia

(Proxecto Acompáño-te)

7.000 €

Concello de Touro

(Desenvolvemento de actividades de envellecemento activo)

7.000 €

Concello de Trazo

(Proxecto Co Concello da man)

7.000 €

Concello de Val do Dubra

(Fisioterapia a domicilio para usuarios/as maiores de SAF)

7.000 €

Concello de Vilarmaior

(Envellecemento activo)

7.000 €

Concello de Vilasantar

(Envellecemento Activo)

7.000 €

Concello do Pino

(Envellecemento activo)

6.364,71 €

 

Lea también

Todas las áreas del Sergas, menos Pontevedra, superan los 6 meses de espera para la primera consulta de psicología

Todas las áreas sanitarias del Servizo Galego de Saúde (Sergas), excepto la de Pontevedra-O Salnés, …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *