Inscrición en Narón nunha actividade para conmemorar o pasamento de Castelao

A Biblioteca municipal de Narón acolle este sábado 25 ás 11:00 horas, unha actividade lúdica organiza con motivo da conmemoración do 75 aniversario do pasamento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

A concelleira de área, Olga Ameneiro, informou que se trata dunha proposta dirixida a maiores de 4 anos e para a que é preciso inscribirse, a partir deste martes 21 ás 16:00 horas, de xeito presencial na Biblioteca ou chamando ao número de teléfono 981 382 173.

Con motivo da efeméride do pasamento de Castelao organizouse esta actividade para que as nenas e nenos se acheguen á súa figura, por ser un dos grandes persoeiros da nosa terra. Os menores participantes poderán coñecer máis polo miúdo a vida e obra de Castelao dun xeito lúdico e participativo.

Aprenderán xogando cos materiais especialmente deseñados polo persoal da Biblioteca que poderán levar despois para a casa. Para poder participar é preciso que os menores teñan o carné da rede da Biblioteca sen sancións pendentes.

Lea también

Club Arco Narón obtiene muy buenos resultados en la III jornada de la Liga galega indoor

Gran cosecha de podios para los deportistas de la Escuela Deportiva Municipal de Narón de …