Axenda en Narón do 17 ao 19 de xaneiro

Venres 17 de xaneiro de 2025

Actividade: Somos criminais e punto final Hora: 20:30 Lugar: Pazo da Cultura

Xosé Antonio Touriñán e Carlos Blanco protagonizan esta comedia, de aproximadamente hora e media de duración. Trátase dun dos proxectos máis exitosos do teatro galego nas últimas décadas. As entradas para esta función e as outras tres desta fin de semana están prácticamente esgotadas.

Sábado 18 de xaneiro de 2025

Actividade: Campionato de Powerlifting Concello de Narón Hora: De 8:00 a 21:00 Lugar: Pavillón da Casa da Mocidade (A Gándara)

O Concello colabora co club Powefenix na organización deste evento deportivo, que se disputará na modalidade de iniciación e no que participarán máis de medio cento de competidores procedentes de diferentes concellos galegos. A entrada é de balde.

Actividade: Videoforum: Matronas Hora: 10:00 Lugar: Pazo da Cultura (Café Teatro)

O Concello colabora coa Asociación Bbtta na organización desta convocatoria, na que se porá en valor o papel que xogan as matronas na vida das mulleres, especialmente na etapa perinatal. A entrada é libre e pódese coller no despacho de billetes do Pazo.

Actividade: Orientación e supervivencia na natureza Hora: 11:00 Lugar: Centro Cívico Social do Couto

O programa Guizo, do Servizo de Normalización Lingüística do Concello, retómase con esta proposta, un obradoiro, para mellorar a socialización dos nenos en galego. A participación require inscrición previa.

Actividade: Somos criminais e punto final Hora: Funcións ás 18:00 e ás 20:30 Lugar: Pazo da Cultura

Domingo 19 de xaneiro de 2025

Actividade: Somos criminais e punto final Hora: 18:00 Lugar: Pazo da Cultura

Lea también

Narón súmase ao chamamento da Mancomunidade para un consumo responsable de auga

Os concellos da comarca manteñen dende xullo medidas de aforro, que continúan vixentes ante a …