A Biblioteca de Narón acolle a exposición Galegos en Mauthausen

A Biblioteca municipal de Narón acolle un ano máis a exposición Galegos en Mauthausen. A concelleira responsable da área, Olga Ameneiro, avanzou que se poderá ver dende o luns día 20 ata o 1 de febreiro na planta soto da Biblioteca. As visitas poderán realizarse de luns a venres entre as 17:00 e as 20:00 horas e os sábados de 10:00 a 13:00 horas, tal e como avanzou a edil naronesa.

A Asociación Memoria Histórica Democrática trae a Narón esta mostra fotográfica, composta por 40 imaxes que amosan as duras condicións de vida no campo de concentración, así como documentación en diversos formatos (cartas, imaxes…) dalgúns españois presos na época.

Dende a citada entidade ofrécese a posibilidade de realizar visitas guiadas a esta mostra solicitándoas previamente. Deste xeito, centros escolares, asociacións, grupos particulares… poden solicitar esas visitas chamando ao número de teléfono 981 382 173 no horario de apertura. A maiores, programouse unha visita guiada aberta ao público xeral o mércores 29 de xaneiro ás 17:00 horas.

Para acudir a esta última tamén será preciso anotarse previamente, podendo facelo a partir do luns día 20 ás 16:00 horas de xeito presencial na Biblioteca ou chamando ao número de teléfono anteriormente indicado.

Lea también

Os bombeiros de Narón realizaron en 2024 preto de 600 intervencións

Os bombeiros de Narón realizaron o pasado ano un total de 592 servizos. Así o …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *