Psoe Ferrol lamenta a tardanza da firma do convenio para a recuperación de Monteventoso

O grupo socialista de Ferrol lamenta que o Concello de Ferrol teña que asinar máis tarde o convenio para a recuperación de Monteventoso pola falta de xestión do goberno local. A concelleira Eva Martínez Montero asegura que a Deputación de A Coruña esta a suplir a inoperancia do PP de Ferrol na preservación e rehabilitación do patrimonio histórico local.

Monteventoso

O grupo socialista no Concello de Ferrol denuncia que, de novo, o goberno de Rey Varela «queda temporalmente fóra da sinatura do convenio» polo que a Deputación, con fondos propios -un millón de euros- e os do Goberno central -con dous millóns de fondos europeos- van executar a recuperación de baterías militares de costa de Campelo (Valdoviño), A Bailadora (Ares) e Monteventoso (Ferrol) porque «o executivo do Partido Popular non mandou a tempo a documentación requirida».

Segundo lembrou a concelleira Eva Martínez Montero, o seu grupo xa advertira desta situación cando a Deputación aprobara en pleno este asunto, e quedara Ferrol pendente por dita razón. «Nin con asesores que suman todo un equipo de fútbol, nin coa creación dunha oficina que se encarga específicamente da captación e tramitación de fondos europeos; o goberno de José Manuel Rey Varela non é quen de xestionar nin o que xa estana feito do mandato anterior», asegurou Martínez Montero, que lembrou que o actual goberno xa perdeu unha subvención de case un millón de euros para a modernización e accesibilidade do Camiño Inglés en seis municipios da provincia acadada en febreiro de 2023 polo goberno do PSOE, e agora terá que asinar máis tarde este convenio coa Deputación.

«Rey Varela ten que agradecer ao presidente da Deputación o interese que ten dende hai moito tempo na rehabilitación das baterías militares e o papel protagonista que lle quere dar a Ferrol porque, se fora polo PP e polo rexedor local, o noso municipio tería quedado fóra desta actuación, que convertirá a nosa costa nun referente a nivel europeo en rutas destas construccións», apuntou a edil.

Para Eva Martínez, a Deputación, «unha vez máis, convírtese na salvadora da institución municipal no eido da preservación e recuperación do patrimonio histórico», en referencia ao convenio asinado de 100.000 euros para accións da candidatura de Ferrol a Patrimonio Mundial e o seu expediente, e agora coa execución dun ambicioso plan de rehabilitación de baterías que, sen dúbida, tamén reflictirá positivamente na propia candidatura local, sen esquecet o apoio que dende hai anos se fai ao Camiño Inglés.

Lea también

Rey Varela y Martina Aneiros visitaron a los alumnos del Obradoiro Dual de Lavaderos

El alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, junto con la delegada territorial de la …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *