Asociacion Galega de Escritores e Escritoras (AGER) renova a súa xunta directiva

A nova directiva conta con dez membros, repartidos entre as catro provincias galegas, con forte presenza de autores e autoras da comarca de Ferrolterra. 

A Asociación Galega de Escritores, que aglutina a máis dun centenar de escritores e escritoras de toda Galicia, vén de renovar a súa Xunta Directiva tras dous anos de andadura nos que o colectivo desenvolveu preto de cincuenta actividades diferentes destinadas a profesionalizar e mellorar o sector literario, en concreto, a situación dos escritores e escritoras.

A nova Xunta Directiva, que foi aprobada este xoves pasado sen votos en contra, está conformada por dez escritores e escritoras galegos repartidos entre as catro provincias.

Así, a nova presidencia recae na escritora María Nieto (A Coruña). A vicepresidencia estará en mans do escritor Rubén Pedreira (A Coruña), mentres que a secretaría estará ocupada pola escritora Eva Luna (As Pontes) e a tesourería, pola escritora Teresa Cameselle (Ferrol). Roberto Cagiao (Miño), anterior presidente, pasará a ocupar unha vogalía, na que estará acompañado de Pablo J. Rañales (Ares), Miguel Gacio (Ferrol), Almudena Santamaría (Vigo), Nuria Fernández (Vigo) e Andrea Micc (Monforte).

Un proxecto centrado na profesionalización
No seu proxecto directivo, a nova equipa traballa xa nas liñas maestras para os vindeiros dous anos, centradas en profesionalizar a xestión da asociación, axudar á formación e profesionalización dos asociados/as/es, posicionar o colectivo como voz autorizada e representativa dentro do ecosistema literario en Galicia, traballar para aumentar a visibilidade tanto da asociación como dos seus asociados/as/es, e organizar e participar en eventos e proxectos de interese para os asociados e para o colectivo xeral de escritores e escritoras de Galicia.

Lea también

El grupo ferrolano BÖJ recibe el Premio de la Música de la SAF

La Sociedad Artística Ferrolana otorga además la Primera Medalla «Sotomayor» al pintor Pepe Barreiro Gómez …