Pedro Blanco destaca o labor do Goberno na conservación do patrimonio hco galego

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, destacou o compromiso do Goberno de España coa conservación e posta en valor do patrimonio histórico de Galicia, no que suma un investimento de 13 millóns de euros a través do Programa 2% Cultural. Este plan execútano os ministerios de Vivenda e Axenda Urbana e o de Transportes e Mobilidade Sostible.

“O impacto do Programa 2% Cultural en Galicia amosa o interese do Goberno pola recuperación do patrimonio galego”, apuntou Pedro Blanco, quen salientou a importancia desta iniciativa máis aló dos propios conxuntos monumentais, “pois xera actividade económica e emprego tanto en espazos urbanos como rurais, afondando no compromiso cos pequenos concellos deste Goberno e fomentando un turismo sostible e de calidade”.

Galicia contaba ata o momento con dez proxectos beneficiados polo Programa 2% Cultural, con preto de 8 millóns de euros, aos que se sumaron este decembro catro máis por 4,9 millóns. Corresponden á restauración da cuberta e a rehabilitación integral da Torre dos Andrade, en Pontedeume (273.386,75 euros); da Torre do Reloxo da Catedral de Santiago (1.841.817,15 euros); do xardín botánico e da carballeira de Caldas de Reis (569.562,34 euros) e á proposta para a creación dun arquivo histórico catedralicio e diocesano en Tui, precisamente no 800 aniversario da consagración do templo.

Tui, que xa obtivo fondos desta iniciativa (600.000 euros) para a musealización do seu conxunto catedralicio na convocatoria anterior, beneficiase de novo do investimento do Goberno, do mesmo xeito que o fai Santiago de Compostela, onde o Programa 2% Cultural destinou tamén na resolución pasada un total de 1,15 millóns para o Mosteiro de San Martiño Pinario. Programa 2% Cultural

O Programa 2% Cultural é unha das ferramentas do Goberno para garantir a conservación do patrimonio histórico, cultural e artístico. O desenvolvemento do Programa 2% Cultural propón un modelo de actuación de amplo contido social, en base aos seguintes criterios:

O soporte económico fundamental provén da execución da obra pública. A recuperación do patrimonio, respectando o legado recibido e propiciando o sentimento de pertenza e o orgullo polo propio. Fomentar o uso público favorecendo o achegamento social ao patrimonio e a xeración de emprego e riqueza nos ámbitos en que se sitúan os elementos patrimoniais recuperados e contribúese ao obxectivo xeral de xerar turismo de calidade.

Desde a posta en funcionamento do Programa 2% Cultural aprobáronse 1.237 solicitudes en proxectos de toda España que totalizan un orzamento de execución de 1.177 millóns de euros, sendo a axuda achegada polo Programa 2% Cultural de 756 millóns de euros (13 en Galicia), o que vén ser un 64% do importe de execución.

Lea también

La Delegación del Gobierno coordina un operativo en Galicia por el eclipse solar del 12 de agosto

La Delegación del Gobierno coordina un operativo en Galicia por el eclipse solar del 12 …