BNG de Ferrol considera indecente as cartas de EMAFESA e o Goberno local sobre o prezo da auga

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG en Ferrol, considera «indecente a campaña informativa emprendida polo goberno local da man de EMAFESA co obxectivo de blanquear a suba inxustificada do prezo da auga na nosa cidade».

Iván Rivas, considera que «os dípticos informativos que EMAFESA está enviando aos domicilios dos veciños de Ferrol estes días ocultan que o único obxectivo desta medida era salvar as contas da empresa EMAFESA e que o Partido Popular pretende garantir os beneficios da súa parte privada sen esixirlle ningunha responsabilidade pola súa neglixente xestión».

Rivas lembra que «a suba do prezo do auga en Ferrol foi unha decisión do alcalde da cidade, Jose M. Rey Varela. Unha decisión que para o BNG é inaceptábel e advirte que agora EMAFESA pasará a recadar case 1,9 millones máis que en 2024, dos cais algo más de 1,1 millóns se corresponden co abastecemento de agua e uns 750.000 co saneamento onde a maior parte desta cantidade recaerá sobre o consumo doméstico y comercial».

O BNG quere recordar que «fomos a única organización política da corporación que presentou alegacións a modificación destas ordenanzas e acusa ao PP de actuar de forma trileira ao informar a veciñanza da suba dos prezos logo de ter tomada a decisión e non previamente por medo a reacción dos ferroláns».

Ivan Rivas sinala que «a proposta de modificación destas ordenanzas fiscais, unida á modificación e incremento do recibo do IBI é unha mostra da política retrograda dun alcalde que ao mesmo tempo que lle mantén os privilexios ao Ministerio de Defensa, a Autoridade Portuaria ou mesmo as concesionarias de servizos públicos nesta cidade non para de subirlle os tributos aos veciños da cidade sometidos ademais a unha inflación galopante nos últimos tempos e diante da cal o goberno local manifesta unha total e absoluta indiferenza».

Lea también

El tiempo ayudó a que la Cabalgata de los Reyes Magos pudiese recorrer las calles de Ferrol

Se temía lo peor. Nadie apostaba porque Sus Majestades los Reyes Magos pudiesen acudir a …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *