Se activa en Narón un hospital de campaña e o Punto violeta durante a festa de Fin de ano

A Festa de Fin de ano do Concello de Narón celebrarase na madrugada do 1 de xaneiro, a partir das 01:00 horas, unha hora despois das campanadas. A orquestra Origen e o Grupo Claxxon amenizarán esta convocatoria, para a que dende o Concello se habilitou un hospital de campaña e un Punto violeta, operativos ata que remate a festa.

O hospital de campaña localizarase nas instalacións do Auditorio municipal, na Praza de Galicia, e estará atendido por persoal de Protección Civil e con servizo de ambulancia por se fose necesario. En canto ao Punto Violeta, tamén na Praza de Galicia, estará atendido por tres persoas, para ofrecer información de cara á prevención e tamén atención en posibles casos de agresións sexuais e lgtbfóbicas.

“O obxectivo é conseguir unha festa de tolerancia cero fronte ás agresións, para o que se repartirá material de sensibilización entre as persoas participantes e realizaranse intervencións no caso de que a situación o requira”, indicouse. Así mesmo, instalarase cartelería no espazo festivo, para dar a coñecer os pasos a seguir se se presencia ou sofre algunha agresión sexual ou lgtbfóbica, buscando un espazo coidadoso e seguro para as persoas.

Este Punto violeta enmárcase na campaña A noite en igualdade do Concello de Narón, creada a través do Pacto de estado contra a violencia de xénero (Ministerio de Igualdad) para sensibilizar sobre as violencias que se dan no contexto do ocio nocturno e erradicalas en colaboración con todos os axentes implicados.

Lea también

Sete carrozas e diversos espectáculos forman en Narón a Cabalgata de Reis

A praza do colexio de Xuvia será un ano máis o punto de partida da …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *