Narón acolle unha nova edición do Festival da Cultura Viaxeira Gulliver Fest

Deste xeito, o Gulliver Fest desenvolverase do 7 ao 10 de agosto de 2025.

A área recreativa de Pedroso en Narón acolle o vindeiro ano unha nova edición, as sexta, do Festival da Cultura Viaxeira, Gulliver Fest.  Así o avanzaron dende o Concello, os padroados de Cultura e Deportes de Narón e a Asociación Furgo Galicia, destacando unha importante novidade con respecto ás anteriores edicións, o incremento dun día de programación. 

Dende a organización trabállase xa nas diferentes propostas musicais, de lecer, deportivas… que caracterizan este evento, unha cita obrigada para as persoas que desfrutan do mundo camper e nunha ubicación privilexiada, a carón do río Xuvia, con zona de camper, glamping e de acampada e na que compartir múltiples experiencias viaxeiras.

Lea también

Narón súmase ao chamamento da Mancomunidade para un consumo responsable de auga

Os concellos da comarca manteñen dende xullo medidas de aforro, que continúan vixentes ante a …