A Deputación aproba destinar 1M€ anual ata 2027 para o financiamento dos GES

Con 10 parques comarcais de bombeiros e oito bases do GES, A Coruña é a provincia galega con maior número de efectivos para atención de emerxencias e incendios.

O pleno da Deputación da Coruña aprobou co voto favorable de PSOE, BNG e Alternativa dos Veciños e a abstención do PP a proposición de Presidencia sobre o convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a Fegamp e as catro deputacións galegas en materia de emerxencias e prevención e defensa contra incendios para o mantemento dos Grupos Supramunicipais de Emerxencias (GES) nas anualidades 2025-2027.

Nete novo convenio marco, as achegas económicas totais entre as partes asinantes acadan o 52,5% de financiamento por parte dos departamentos da Xunta de Galicia (Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, Dirección Xeral de Administración Local e Dirección Xeral de Defensa do Monte), o 40% por parte das Deputacións da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra e o 7,5% dos concellos.

No caso da provincia da Coruña, o custe total do mantemento das 8 bases do GES (Brión, Curtis, Mugardos, Muros, Ortigueira, Padrón, Ponteceso e Noia), que prestan servizo a 39 concellos da provincia con 12 efectivos en plantilla en cada unha delas, ascende a 2.560.000 euros anuais, dos que a Deputación da Coruña achega 1.024.000 euros, a Xunta de Galicia 1.344.000 euros e os concellos 192.000 euros. Este acordo económico exténdese aos anos 2025, 2026 e 2027.

Os GES complementan a atención das emerxencias e extinción de incendios forestais, xunto cos parques de bombeiros comarcais e municipais, de forma que cubrirán as zonas desprovistas de servizos de emerxencia, cun ámbito de actuación superior ao municipal. En función das características da emerxencia ou actividade preventiva ou extintiva que realicen, os GES coordinaranse tecnicamente cos servizos contraincendios, cos distritos forestais e/ou coa Central de atención ás emerxencias 112-Galicia.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, destacou a importancia dun acordo que vai permitir manter este servizo nos concellos rurais da provincia, completando o mapa de emerxencias e ofrecendo unha resposta eficaz á cidadanía ante calquera incidencia, aínda que subliñou que “hai unha reflexión pendente por parte da Xunta sobre o mapa de emerxencias de Galicia para mellorar a coordinación entre os distintos efectivos”.

Un incremento do 53% no orzamento do Consorcio de Bombeiros

Neste ámbito, cabe destacar o importante esforzo económico que realiza a Deputación da Coruña no marco da atención ás emerxencias. Con 10 parques comarcais de bombeiros, A Coruña é a provincia galega con maior número de parques e de efectivos e con mellor cobertura no caso de emerxencias ou incendios.

O orzamento destinado pola Deputación da Coruña ao Consorcio Provincial de Bombeiros increméntase no orzamento de 2025 nun 53,26% ata os 5.730.262 euros, aos que se suman agora estes 1.024.000 euros anuais para o mantemento das oito bases coruñesas do GES ata 2027 e as achegas que a Deputación realiza para mellora a dotación material das agrupacións de Protección Civil da provincia.

Financiamento GES provincia da Coruña

Lea también

Mensaje de Navidad del obispo de Mondoñedo-Ferrol

El obispo de la Diócesis de Mondoñedo-Ferrol, Fernando García Cadiñanos, publicó este miércoles, 25 de …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *